Atlas SGHN de Flora Exótica Invasora: Myriophyllum aquaticum (Velloso) Verdc.

Planta acuática nativa dos humidais de America do Sur que pertence á familia Haloragaceae na que son características as follas superiores emerxentes e a miúdo a súa cor glauca. Pranta típica de acuarios empregada en todo o mundo, fóra deste uso, no medio natural foi citada en Galicia por vez primeira no ano 1971.

Posúe unha gran facilidade para invadir novos espazos a partires de fragmentos do talo ou do rizoma que poidan transportar as augas, animais ou o home. Coloniza rápidamente augas someras e con certa eutrofización, o que favorece o seu crecemento, unha vez arraigada é moi difícil eliminala.

Provoca graves impactos sobre o hábitat, cambia as características físico-químicas da auga, despraza as especies autóctonas e co seu crecemento evita a chegada da luz ao fondo, o que proporciona un hábitat ideal para varias larvas de mosquitos. Ademais, a súa presenza diminúe o aproveitamento da masa fluvial para regos e outros usos.

Colabora no Atlas escribindo a botanica@sghn.org

Preme aquí para acceder ao listado completo de fichas de especies de flora exótica invasora publicadas.