Azolla spp.

Fento acuático (Pteridophyta) da familia Azollaceae, orixinaria de América subtropical, que foi introducido accidentalmente asociado ao transporte de mercancías, cultivos agrícolas e por unha dispersión natural polas aves. Foi citado por primeira vez en Galicia no ano 2005 (Azolla filiculoides e Azolla caroliniana).

Esta especie de cor verde a topamos en augas con pouca luminosidade e calmas, como estanques, lagos, charcas, acequias e regatos. O exceso de luz, a contaminación ou o exceso de fertilización no medio acuático vólvena de cor vermella. É moi resistente en augas contaminadas por fósforo, onde compite polo osíxeno, luz e nutrientes fronte as especies vexetais autóctonas, que ao desaparecer, tamén impactan negativamente na cadea trófica. En alta densidade sombrea e impide a chegada da luz á columna de auga, morrendo as especies que hai debaixo. A capacidade de fixar N2 atmosférico pola simbiose coa cianobacteria Anabaena contribúe á eutrofización das augas.

Azolla spp.