Calendario solidario 2020

“A veciña da miña rúa: a Árbore”

A raíz da proposta dunha socia na Asemblea de SGHN-Ourense, ábrese a convocatoria para o certame de fotografías sobre a temática “A veciña da miña rúa: a Árbore”.

O desexo de SGHN é dar unha visión de  “A veciña da miña rúa: a Árbore”. As árbores nas rúas, estradas ou camiños das nosas cidades, vilas ou aldeas, a súa contorna, estrutura, forma e cór. Todo elo a traverso da ollada de socios e simpatizantes que desexen participar de xeito altruista neste certame.

A meta de SGHN é realizar un calendario para o ano 2020, que se imprimirá para a súa venda. Todos os ingresos investiranse nos traballos de recuperación ambiental que SGHN está a levar na comarca da Limia.

Cada participante poderá presentar ata tres fotos, que deberá enviar ao correo electrónico 2020calendarioarbores@sghn.org ata o 30 de xuño de 2019 (ver PDF coas bases).

Entre as fotos recibidas elexiranse as necesarias para o calendario, valorandose a orixinalidade, a composición e o impacto visual, entre outros elementos fotográficos. Coas fotos recibidas farase tamén unha proxección cando se presente o calendario.