Vimos de publicar na revista BRAÑA unha nova nota sobre o censo realizado en Galicia de Emberiza schoeniclus lusitanica, unha subespecie autóctona do noroeste da Península Ibérica e que está en severo declive.
Os redactores da nota percorreron as zonas de nidificación para avaliar os seus efectivos reproductores durante 2018, testimuñando a baixada da poboación reproductora en Galicia.