Celebrando o Día Mundial dos Humidais con SGHN

Complexo húmido Limia-Antela

Xornada de campo aberta a todos os públicos para concienciar sobre a problemática da “basuraleza” ou residuos de todo tipo vertidos na natureza en xeral e nos humedales en particular. A retirada e entrega de residuos a xestor autorizado é unha das principais actividades que desenvolve SGHN para a restauración de humedales – naturais e artificiais – no outrora magnífico complexo húmido da Limia (Ourense, NW España), constituído pola Lagoa de Antela (a maior de auga doce da península ibérica) e as chairas de inundación do sistema fluvial Limia-Antela.

Os participantes poderán coñecer de primeira man a magnitude do problema en dúas zonas da antiga Lagoa de Antela e outra no río Faramontaos que sufriron verteduras incontroladas. Poderán, así mesmo, gozar do espectáculo natural en que se converteron as 16 ha da antiga lagoa de Antela na “Veiga de Gomareite”, unha vez retirados os residuos e recuperada a súa condición histórica de humedal estacional pastoreado en extensivo, grazas a un acordo de custodia do territorio cun gandeiro local, ao magnífico traballo dos voluntarios e a diversas axudas, incluídas as do “Proxecto Libera: Natureza sen Lixo” de SEO/BirdLife e Ecoembes nos últimos tres anos.

Veiga de Gomareite (parte da antiga Lagoa de Antela) en 2019

Pola tarde, os asistentes á xornada poderán coñecer os novos proxectos de recuperación de humedales que está elaborando SGHN a través da Sección Antela que creou o 2 de febreiro de 2011, coincidindo co 40 aniversario da Convención de Ramsar, cos obxectivos de divulgar e salvagardar os aínda elevados valores naturais e tradicionais da Limia, demostrando que é posible e necesario compatibilizar a recuperación de humedales e zonas marginales coa explotación agro-ganadera sostenible.

Día da actividade: sábado 01/02/2020. Hora inicial de reunión: 09:30. Punto de encontro: Estación de Servizo Antela, saída nº 193 (Xinzo de Limia) da Autovía A-52. Para a comida é imprescindible anotarse no correo electrónico: antela@sghn.org

Ribeiras do Louro

Co gaio do DÍA INTERNACIONAL DOS HUMIDAIS, a SGHN organiza un roteiro interpretativo polo espazo natural Gándaras de Budiño. A actividade consiste nunha saída guiada adicada ó coñecemento dos humedais das Ribeiras do Louro, ós servicios ecosístemicos deste tipo de áreas naturais e o patrimonio etnográfico. Esta data pretende crear conciencia sobre a importancia dos humidais para a vida, destacar as oportunidades e limitacións no desenvolvemento e uso dos humidais e crear alianzas que xeneren cambios positivos nestes hábitats.

Gándaras de Budiño nas ribeiras do río Louro

O percorrido ten 10 km e discurrirá diversos hábitats nas ribeiras do Louro, sendo de dificuldade baixa e axeitado para tódalas idades. Entre os valores naturais que alberga esta zona pegada a Zona de Especial Conservación “ZEC Gándaras de Budiño”, destacan os hábitats como as turbeiras, os bosques de ribeira e hábitats de interese comunitaria como as breixeiras húmidas, que albergan unha grande biodiversidade. Destacan a flora adaptada a estes hábitats, as poboacións de aves acuáticas e aves de bosque autóctono, anfibios, reptis, mamíferos e invertebrados. O obxetivo desta actividade é a divulgación dos valores naturais e etnográficos deste espazo natural e aportar datos para o coñecemento da biodiversidade e o estado ambiental.

Día da actividade: domingo 02/02/2020. Prazas limitadas. Inscrición gratuíta obrigatoria no correo electrónico: gandaras@sghn.org