Censo de cegoña branca (Ciconia ciconia) de Galicia

A Sociedade Galega de Historia Natural comezou a facer no ano 2019 un censo de cegoña branca (Ciconia ciconia) nidificante que conseguiu cubrir as provincias de Ourense e Pontevedra. Á vista do interese dos resultados obtidos, a partires desde ano queremos ampliar a cobertura a toda Galicia.

Por outra parte tamén resulta de alto interese incluír no estudo a presenza de cegoña branca ao longo de todo o ano, dado o número crecente de aves que pasa o inverno en Galicia nos últimos anos.

Animamos a tódalas persoas que queiran participar ou colaborar neste estudo a que se poñan en contacto connosco a través do correo electrónico censociconia2019@sghn.org enviando información sobre niños de cegoña branca (activos ou antigos) ou sobre presenza de cegoñas ao longo do ano, ou facéndose cargo de zonas concretas de censo. Agradecemos que todas as localizacións se fagan por medio de coordenadas xeográficas.

Moitas grazas pola vosa colaboración.