O ceo en xaneiro de 2020

Efemérides

  • Día 2: Ás 04:47 h a Lúa en Cuarto Crecente.
  • Día 4: Choiva de meteoros: Cuadrántidas, actividade desde o 12 de decembro ao 12 de xaneiro, máximo de 120 por hora o 4 de xaneiro. Radiante en Bootes. Son meteoros de gran tamaño con ronseis que poden durar de 3 a 4 minutos.
  • Dia 5: A Terra no perihelio a 0,98 U.A. do Sol. 
  • Día 7: Galileo Galilei descobre os satélites naturais de Xúpiter: Io, Europa e Callisto (1609).
  • Día 8: En 1642 Galileo Galilei morre arrestado no seu domicilio de Florencia. Ata o 31 de outubro de 1992 a Santa Sé non recoñeceu o seu erro ao condenalo en 1633.
  • Día 10: Eclipse penumbral de Lúa, non visible. ÁS 19:23 H Lúa Chéa. 
  • Día 11: O Cúmulo de Pesebre e a Lúa moi próximos. 
  • Día 17: Ás 13:00 h a Lúa en Cuarto Minguante.
  • Día 19: Aniversario do lanzamento da sonda espacial Novos Horizontes con destino a Plutón (2006), na actualidade atópase na constelación de Saxitario a mais de 7.050 millóns de quilómetros e móvese respecto ao Sol a 14 quilómetros por segundo. 
  • Día 20: Marte e a Lúa moi próximos. 
  • Día 22: Xúpiter e a Lúa moi próximos. 
  • Día 24: Ás 21:43 h Lúa Nova
  • Día 28: Venus e a Lúa moi próximos.

Planetas

  • Mercurio: En Saxitario cunha magnitude -0.93, non visible. 
  • Venus: En Acuario cunha magnitude de -3,5, visible ata dúas horas despois do solpor.
  • Marte: En Ofiuco cunha magnitude de 1,67, visible desde dúas horas antes do amencer. 
  • Xúpiter: En Saxitario cunha magnitude de -1,39, visible media hora antes do amencer. 
  • Saturno: En Saxitario cunha magnitude de 0,72, non visible.
  • Urano: En Aries cunha magnitude de 6,11, visible ata despois da media noite.

Cometas

  • Tan só C/2017 T2(PanSTARRS) con magnitude 9, pode observarse cun telescopio pequeno, no seu tránsito pola constelacion de Perseo. Os demais teñen magnitudes que os fan difícilmente observables.
Imaxe do ceo cara ao sur, o 15 de xaneiro ás 24 h