Efemérides astronómicas
- Día 1: Venus e a Lúa moi próximos.
- Día 3: Xúpiter e a Lúa moi próximos. Choiva de meteoros Cuadrántidas, actividade desde o 1 ao 5 de xaneiro cun máximo de 120 por hora na noite do 3 ao 4, con radiante en Bootes. Son meteoros de gran tamaño con ronseis que poden durar de 3 a 4 minutos e producidos por o paso do asteroide 2003 EH.
- Día 6: Ás 02:28 h Lúa Nova.
- Día 7: Galileo Galilei descobre os satélites naturais de Xúpiter: Io, Europa e Callisto (1609).
- Día 8: En 1642 morre arrestado no seu domicilio de Florencia, Galileo Galilei. Ata o 31 de outubro de 1992 a Santa Sé non recoñeceu o seu erro ao condenalo en 1633.
- Día 12: Marte e a Lúa moi próximos.
- Día 14: Ás 07:45 h a Lúa en Cuarto Crecente.
- Día 17: A Lúa e Aldebarán moi próximas.
- Día 19: Aniversario do lanzamento da sonda espacial Novos Horizontes con destino a Plutón (2006). Na actualidade atópase a 6.600 millóns de quilómetros e móvese respecto ao Sol a 14 quilómetros por segundo.
- Día 21: Eclipse total de Lúa visible en Galicia. Ás 06:16 h Lúa Chea.
- Día 27: Ás 10:10 h a Lúa en Cuarto Minguante.
Planetas
- Mercurio: en Saxitario con magnitude -0,54. Non visible pola súa proximidade ao Sol.
- Venus: en Ofiuco cunha magnitude de -3,98 visible duante dúas horas antes do amencer.
- Marte: en Piscis cunha magnitude de 0,85. Visible ata pouco despois da media noite.
- Xúpiter: en Ofiuco cunha magnitude de -1,38. Visible dúas horas antes do amencer.
- Saturno: en Saxitario cunha magnitude de 0,72. Visible media hora antes do amencer.
- Urano: Atopase na constelación de Piscis cunha magnitude de 6,12. Visible durante oito horas despois do solpor.
Eclipses
Eclipse total de Lúa visible en Galicia o día 21. Comenza a penumbra ás 03:37, a umbra ás 05:41, remata a umbra volvendo a penumbra ás 06:43 e remata o eclipse ás 08:48.
Cometas
Tan só 46P/Wirtanen (2018) con magnitude 4, pode verse con prismáticos no seu tránsito entre as constelacions de Lince e Osa Maior. Os demais teñen magnitudes que os fan difícilmente observables.