A Nebulosa da Tarántula é unha gran nebulosa de emisión situada na Gran Nube de Magallanes (LMC), unha pequena galaxia de 14.000 anos luz de diámetro. Esta galaxia satélite da Vía Láctea, situada na fronteira das constelacións de Dourado e Mensa, non é visible desde as nosas latitudes no hemisferio norte. Ten unha magnitude de 8 e atopase a uns 180 mil anos luz.
O seu tamaño é de máis de mil anos luz de diámetro. É a rexión de formación de estrelas máis grande e violenta coñecida en todo o Grupo Local de galaxias. A radiación intensa, os ventos estelares e as supernovas, enerxizan o brillo da nebulosa. Nela atópase a supernova máis próxima a nós dos últimos anos SN 1987A.
O tamaño da Tarántula é tal que si estivese máis preto, á mesma distancia que a Nebulosa de Orión que é 100 veces máis pequena, ocuparía a metade do ceo e ata a súa luminosidade faría sombras na noite da Terra. Contén máis de 800.000 estrelas e protoestrelas. As estrelas recentemente formadas ocúltanse frecuentemente entre nubes de pó e gas, polo que só se podense en lonxitudes de onda infrarvermellas.
Recibe o seu nome porque os seus brillantes filamentos de pó aseméllanse ás patas dunha araña. En 1751 o astrónomo francés Nicolas Louis de Lacaille foi o primeiro en recoñecela como unha nebulosa. Tamén é coñecida como 30 Doradus, NGC 2070 e Caldwell 103.