CONCENTRACIÓN PARCELARIA DE CONGOSTRO (RAIRIZ DE VEIGA). Alegacións da SGHN ó Estudio de Impacto Ambiental

A SGHN ven solicitar á Consellería de Rural que o proxecto de concentración parcelaria para a zona de Congostro (Rairiz de Veiga-Ourense)”

  • Exclúa os terreos considerados como ZEPA e/ou LIC para propiciar a conservación dos Hábitats do Anexo I da Lei estatal 42/2007 do Patrimonio Natural e da Biodiversidade (artigo 45), así como as áreas perimetrais destes (artigo 45.3).
  • Amplíe a delimitación das zonas de arboredo excluidas ata abranguer todas as que teñen unha densidade maior do 15% da fracción cabida cuberta.
  • Avalíe a productividade actual, en termos económicos e agrícolas, das terras antes da concentración parcelaria e estableza con claridade os obxectivos demográficos (en termos de mantemento ou incremento de poboación) e de productividade (en termos económicos e agrícolas) que se pretenden acadar coa concentración parcelaria.
  • Delimite a Vía Romana XVIII e a súa zona de afección.
  • Respecte a traza e a cota dos camiños antigos existentes.

Para máis información véxase PDF Alegacions_ZCP_Congostro.

Vista aérea da zona a concentrar obtida do Sistema de Identificación de Parcelas Agrícolas, do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño