No Plan de encauzamento do río Miño o seu paso por Ourense, o Concello de Ourense pensa utilizar unha “bolsa” ubicada na marxen dereita entre os solos SU 46 e 31, o cal xa ten máis da metade incluída na zona de inundación dos 100 m. Así que a “bolsa”, ou sexa, a marxen do río Miño aínda non edificada (2 km en ambas marxes na zona da Chavasqueira, ampliables ata Outaríz situada a 4 km de distancia pola marxen dereita) é a que se pretende ocupar agora e onde o PXOM, “que se está a redactar”, pretende edificar un pabellón do mundo termal, un hotel de congresos e reunións e un hotel balneario, incluídos na redacción do “futuro” Plan especial de protección de las riberas del Miño. A súa vez, as edificacións inclúense nun denominado “segundo ámbito termal” do Plan Extratéxico de Termalismo de Ourense. A cuestión, queda resumida con dous paragrafos da páxina 15/18 que recoñecen que:
- O plan de encauzamento carece de contido propio dun proxecto de obra que permita a execución inmediata.
- O territorio mantén a clasificación vixente do PXOU 1986 e as calificacións do mesmo cos usos vixentes; esto é: Solo non Urbanizable de Protección de Canles Fluviais e Sistema xeral de Zona Verde-Espazo libre.
En consecuencia, vistos:
- Os obxetivos dos diferentes planos “futuros”.
- O Documento de inicio, que é meramente descriptivo, no texto e planos de planta adxuntos.
- A lonxitude da obra, que ademais pensase ampliar.
- A importancia das edificacións “pensadas” na marxen esquerda.
- A súa proximidade ó río debido a “elevada pendente que fan que os incrementos de calado orixinen discretas variacións na superficie inundada”.
- A importancia ambiental do río Miño, incluído o tramo previsto, como ecosistema a protexer, así como corredor verde para o mantemento e propagación das especies autóctonas.
- A importancia ambiental do río para a conservación da vexetación de ribeira e acuática autóctonas.
- A importancia do río para os anfibios, os réptiles e mamíferos ligados a ambientes fluviais e a ictiofauna autóctona; así como para a cría, invernada e mantemento das poboacións das aves, en especial as acuáticas.
SGHN entende que é necesario o procedemento de avaliación ambiental estratéxica (AAE) regulado na Lei 9/2006 do 26 de abril que debera contemplar, polo menos, os efectos das obras proxectadas sobre a transformación do ecosistema acuático e ribeireño, sobre os fluxos e calidade da auga, sobre a presencia e cría das especies animais, en especial sobre as acuáticas, así como sobre a invernada de aves acuáticas, os efectos sobre a vexetación ripícola autóctona e sobre a vexetación acuática; o control e prevención na introdución de especies alóctonas ligadas á ornamentación e á xardinería.
Ademais o Plan de encauzamento do río Miño o seu paso por Ourense, debera buscar outra denominación; xa que si dun encauzamento se tratara, a obra iría en contra das tendencias actuais no resto do mundo desenvolvido, onde estánse a revertir os procesos de canalización realizados no pasado e habería que explicar como sería o seu encaixe na Directiva de Aguas e no Plan Hidrolóxico.