COP25, 2 – 13 decembro 2019

COP25 celebrase en Madrid durante as dúa primeiras semanas de decembro de 2019. Que é e como nos afecta o tema.

COP é a Conferencia das Partes da Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (CMNUCC). CMNUCC conta con 195 países sinantes e ten como objetivo impedir a interferencia “perigosa” do ser humano no sistema climático.

A Convención (CMNUCC) fixa o obxectivo de estabilizar os niveis de emisión de gases de efecto invernadoiro nun prazo que permita ós ecosistemas adaptarse naturalmente ó cambio climático, asegurar a produción de alimentos e permitir o desenvolvemento  económico de xeito sostible.

E en Galicia, que?

            Diversas previsións apuntan que seremos unha das zonas europeas máis castigadas. Recentemente SGHN emitiu a súa opinión sobre a emerxencia climática e no número 55 da revista Paspallás (decembro 2019) recollemos un breve resumo da situación actual.

Informe de cambio climático de Galicia 2012-2015

            Este informe de 2016 foi desenvolvido pola Subdirección Xeral de Meteoroloxía e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio)

Vagas de calor

            Amosan un aumento respecto a 1971-2000. A meirande parte de Galicia quedaría con aumentos entre 2° C e 3° C e as bisbarras máis ó sur e ó leste superarían eses 3° C.

Noites Cálidas

            A situación é de aumento na porcentaxe das noites cálidas. Se na actualidade temos menos dun 5% deste tipo de noites, no futuro (2061- 2090), teremos na meirande parte de Galicia entre un 20 e un 30%.

Precipitacións

            O déficit de precipitación quedaría entre o 10% e o 15%, no interior, e entre o 5% e o 10% en puntos do litoral. Se entramos nos detalles estación por estación, no caso do inverno o déficit é inferior a un 10%. Na primavera, a tendencia é un déficit de precipitación entre o 10% e o 15% no interior e entre o 5% e o 10% en puntos do litoral. O verán é a estación na que o déficit de choiva é máis acusado e sería superior ao 35%. No outono a situación é semellante á da primavera, cun déficit medio xeral entre o 15% e o 20%.

            A duración media dos períodos consecutivos secos tende a aumentar. Os valores máis probables oscilan entre 0 e +4 días e serán algo máis elevados no sur que no norte da nosa comunidade.

            O número de días de choiva tende a diminuír con valores máis probables de entre 16 e 30 días menos de choiva ó ano.

Flora e Fauna

            Dos 25 taxa de flora recollidas no Catálogo Galego de Especies Ameazadas (CGEA) en perigo de extinción e vulnerables, as proxeccións de evolución das poboación dan 14 delas como extinguibles en Galicia.

            Da fauna, dos 30 taxa do CGEA en perigo de extinción e vulnerables, proxéctase a extinción de cinco deles. Incidir que só semella que existan vertebrados. Sobre os invertebrados, a parte de dicir que son moitos, non se recolle ningunha proxección.

Informe da UE “Cambio climático, impactos e vulnerabilidade en Europa. 2016. Un informe baseado en indicadores”.

            Este informe, aplicado a Galicia, debe ter en conta as seguintes premisas:

* Os datos que se comparan son do período 1971–2000 coa proxección para 2071–2100. É dicir, que si os datos indican un incremento de cinco días de calor extrema, estes son a sumar á media actual.

* O valores indicados son os mínimos e máximos dos escenarios previstos.

– Incremento de temperatura media anual: entre 2 e 2,5 ºC

– Incremento de temperatura nos veráns: 2,5 a 5,5 ºC

– Incremento de temperatura nos veráns: 1,5 a 3 ºC

– Incremento ó ano de 6-7 días con calores extremos

– Prevé a diminución entre 60 e 80 mm de precipitación anual por década. É dicir, que dende 2020 a 2050 baixaría a media de chuvias entre 180 e 240 mm nese ano de 2050. Destaquemos que a media actual é 1200 mm/m2 (=l/m2).

Esta situación prevé no horizonte de 2100 un descenso de precipitacións estimado no 40%, un dos máis altos da Europa continental.

– Os cambios proxectados para situacións de  grandes precipitacións indican que no verán baixaremos entre un 15 e un 25%, pero en inverno poden incrementar entre un 5 e un 25%.

Consecuencias do cambio climático na costa española e galega

            Os datos dispoñibles a través dos mareógrafos, indican unha subida media de 1,81 mm ano dende 1943 ata 2012. A previsión é incrementar ata o ano 2100 entre 0,45 e 0,38 metros (FRAILE-JURADO & FERNANDEZ DIAZ. 2016. Estudios Geográficos). Con todas as matizacións necesarias pola evolución dos datos, esta subida implica que unha boa parte das vilas galegas costeiras sufrirán asolagamentos temporais ou continuos en maior ou menor extensión. Os areais costeiros serán os máis prexudicados e penínsulas como a do Grove probablemente volverán ser illas.