Curso de iniciación á ornitoloxía en Ourense

  • Organiza: SGHN-OURENSE.
  • Colaboran: Ateneo de Ourense e Universidade de Vigo (Campus de Ourense).
  • Poñentes: Antonio Ferreirós, Isabel Álvarez, Laura Iglesias, Marcos Freán.
  • Obxectivos:
    • Acostumbrarse ao manexo de prismáticos e guías de identificación de aves.
    • Identificar as especies de aves comúns, con preponderancia nas acuáticas.
    • Coñecer aspectos básicos da bioloxía e morfoloxía das aves.
  • Participantes:
    • Mínimo de 10 e máximo de 25 persoas, anotadas por orde de recepción da solicitude no correo electrónico ourense@sghn.org
    • Aberta ao público en xeral
  • Prazo para a inscripción: ata o 26/09/2019.
  • Desenvolvemento previsto:
    • 13/09/19 ás 19:30h.: Charla/Conferencia: VAI DE AVES, sobre Aves en xeral e particularmente de Ourense, incluíndo a presentación oficial do curso. Vai ser aberta a todo o público e celebrarase no Edificio Marcos Valcárcel por xentileza do Ateneo de Ourense.
    • 27/09/19 ás 19:00: Sesión teórico-práctica en sala cedida polo Campus de Ourense.
    • 28/09/19: Saída de campo matutina no entorno da cidade de Ourense.
    • 18/10/19 ás 19:00: Sesión teórico-práctica en sala cedida polo Campus de Ourense.
    • 19/10/19: Saída de campo matutina no entorno da cidade de Ourense.
    • 15/11/19 ás 19:00: Sesión teórico-práctica en sala cedida polo Campus de Ourense.
    • 16/11/19: Saída de campo matutina no entorno da cidade de Ourense.
    • 13/12/19 ás 19:00: Sesión teórico-práctica en sala cedida polo Campus de Ourense, con especial atención aos censos de aves acuáticas.
    • 14/12/19: Saída de campo para censar aves acuáticas.

Opcionalmente poderían organizarse cós participantes saídas de práctica de campo a distintos lugares da provincia ou de Galicia.

Durante o mes de xaneiro de 2020 celebraranse, como cada ano desde 1975, os censos internacionais de aves acuáticas invernantes; os participantes que o desexen poderán incorporarse aos grupos de censadores poñendo a proba os coñecementos adquiridos, complementando a formación práctica.

  • Custe:
    • Socios SGHN: 50 EUR
    • Non socios SGHN: 80 EUR

Os cartos destinaranse aos traballos de restauración de hábitats que SGHN está a desenvolver na Limia.

NOTAS: A organización non cubre os custes de desprazamento nin os gastos que conleven a asistencia dos participantes ao curso e ás prácticas e saídas de campo.  Contarase con material diverso e algunhas guías de aves, sendo recomendable que os participantes aporten o seu propio material.

  • Divulga ti tamén!