O ceo en febreiro de 2021

Efemérides

  • Día 4: Ás 06:37 h a Lúa en Cuarto Minguante.
  • Día 6: Antares e a Lúa moi próximos.
  • Día 8: Morre en Florencia Galileo Galilei, en arresto domiciliario. Choiva de meteoros Alfa-Centauridas, actividade desde o 28 de xaneiro ao 21 de febreiro, cun máximo de 5 por hora o día 8, radiante en Centauro. 
  • Día 11: Ás 08:06 h Lúa Nova.
  • Día 15: Mercurio e Xúpiter moi próximos. En 1998 o Voyayer 1 alcanza ao Pionner 10 e convertese no obxeto mais lonxano a Terra lanzado polo home, e atopase hoxe a 22.700.000.000 de quilómetros.
  • Día 18: Marte e a Lúa moi próximos.
  • Día 19: Ás 07:47 h a Lúa en Cuarto Crecente.
  • Día 23: Mercurio e Saturno moi próximos. Aniversario (1987) da aparición da Supernova 1987A na Gran Nube de Magallanes.
  • Día 27: Ás 09:26 h Lúa Chéa.

Planetas

  • Mercurio en Acuario, observarase media hora antes do amencer, cunha magnitude de 1,55.
  • Venus en Capricornio, pola súa proximidade ao Sol non é visible, magnitude de -3,37. 
  • Marte en Aries, visible durante seis horas despois do solpor, cunha magnitude de 0,89. 
  • Xúpiter en Capricornio, pola súa proximidade ao Sol non é visible, magnitude de -1,50. 
  • Saturno en Capricornio, observarase media hora antes do amencer, magnitude de 0,87.
  • Urano en Aries, visible durante seis horas despois do solpor, magnitude 6,14.

Cometas

  • Durante este mes os cometas teñen magnitudes que os fan difícilmente observables.
Na imaxe podemos ver o ceo cara ao sur, o día 15 de febreiro ás 24 horas