Día europeo da Rede Natura 2000 Día internacional da diversidade biolóxica

Co gaio do Día Europeo da Rede Natura 2000 e o Día Internacional da Diversidade Biolóxica, a SGHN organizou o pasado 24 de marzo 2015 a Inspección do Río Louro, co obxetivo de contribuír ós obxectivos de conservación da biodiversidade na Rede Natura 2000.

Trátase da inspección de Primavera do PROXECTO RÍOS, organizada en colaboración con ADEGA (PDF). A actividade consistiu nunha saída para tomar datos sobre a calidade hidromorfolóxica, fisicoquímica e biolóxica do río nun tramo de 500 m. Participou un grupo de 14 persoas, que participaron na descrición do tramo de río, medición de variables de calidade fisicoquímica como pH, nitratos, temperatura, osíxeno disolto e turbidez, e identificaron a fauna acuática e a flora da canle