Efemérides astronómicas de decembro

Espazo profundo: Nebulosa da Águia

Entre as constelacions de Saxitario e Ofiuco, atópase a constelación de Serpens Cauda e nela localízase M16, conxunto astronómico que está conformado pola Nebulosa da Águia e un cúmulo estelar aberto asociado con ela denominado NGC 6611. Aínda que a todo o conxunto denomínaselle de ambos xeitos, M16 e Nebulosa da Águia.

Trátase dunha nebulosa de emisión das denominadas rexións HII, autenticos viveiros estelares, onde estrelas novas fórmanse dentro de nubes de pó e gases ionizados, que emiten radiacións ultravioletas. Atópase a 7.000 anos luz, o seu tamaño aparente é dunha Lúa chea, aínda que o real é de 70 x 50 anos luz, estímase que ten unha antigüidade de 5,5 millóns de anos. A súa magnitude aparente é de 8,0.

Foi citada por primeira vez polo astrónomo suizo Jean-Philippe Loys de Chéseaux en 1745, que a relacionou cun simple cúmulo de estrelas. Poucos anos despois a nebulosa foi descuberta por Charles Messier o 3 de xuño de 1764, describíndoa como un grupo de pequenas estrelas enredadas nun débil resplandor.

É coñecida tamén como: IC 4703, Nebulosa da Estrela Raiña, A Agulla, Sharpless 49, RCW 165, Gum 83, Collinder 375, C 1816-138 e CTB 51. O nome de Nebulosa da Águia provén da forma da nebulosa, que se asemella a unha águia con ás estendidas e as garras abertas, como podemos apreciar na foto dos nosos compañeiros de Fotografía Ferrolterra e da SGHN. As garras da águia correspóndense coas coñecidas nubes chamadas os Alicerces da Creación, xigantescas columnas de gas e pó de hidróxeno que teñen entre 2 e 3 anos luz de longo. En 2007 un estudo observacional suxeriu que puideron ser destruídas pola explosión dunha estrela fai uns 6.000 anos, e que en realidade estas columnas xa non existen, polo que dentro de 1.000 anos os humanos verán un espectáculo inusual, unha supernova.

A rexión do ceo na que se atopa M16 é rica en obxectos astronómicos que a rodean, uns simples prismáticos pódennos axudar, pero cun telescopio pequeno poderemos ver M9, M11, M17, M18, M21, M23, M25, M26 e outros máis. Invitámosvos a descubrilos!

  • Día 2: Choiva de estrelas Phoenícidas de Decembro, actividade entre o 1 e o 6 de decembro, cun máximo variable o 2 de decembro.
  • Día 3: Ás 15:48 h Lúa Chéa.
  • Día 8: Choiva de estrelas Pupidas Velidas, actividade entre o 2 e o 15 de decembro, cun máximo de 10 por hora o 8 de decembro.
  • Día 9: Choiva de estrelas Monocerótidas, actividade entre o 27 de novembro e o 17 de decembro, cun máximo de 2 por hora o 9 de decembro.
  • Día 10: Ás 07:53 h a Lúa en Cuarto Minguante.
  • Día 11: Choiva de estrelas Sigma Hidridas, actividade entre o 3 e o 15 de decembro, cun máximo de 2 por hora o 11 de decembro.
  • Día 14: Xúpiter e a Lúa moi próximos.
  • Día 13: Marte e a Lúa moi próximos. Choiva de estrelas Xemínidas, actividade entre o 6 e o 17 de decembro, cun máximo de 100 por hora o 13 de decembro.
  • Día 15: Mercurio e Venus moi próximos. Visible pouco antes do amencer.
  • Día 17: Triple conxunción no amencer, Mercurio, Venus e a Lúa.
  • Día 18: Ás 06:32 h Lúa Nova.
  • Día 19: Choiva de estrelas Coma Berenícidas, actividade entre o 12 de decembro e o 23 de xaneiro, cun máximo de 5 por hora o 19 de decembro.
  • Día 20: Aniversario da morte do Astónomo e Astrofísico Carl Sagan en 1996. Choiva de estrelas Leónidas Minóridas, actividae entre o 6 de decembro e o 18 de xaneiro, cun máximo de de 5 por hora o día 20.
  • Día 21: Ás 16:19 h TU, comenza o inverno no hemisferio norte, verán no sur.
  • Día 22: Choiva de estrelas Úrsidas, actividade entre o 17 e o 24 de decembro, cun máximo de 10 por hora o 22.
  • Día 25: Venus e Saturno moi próximos.
  • Día 26: Ás 09:22 h a Lúa en Cuarto Crecente.
Planetas
  • Mercurio en Ofiuco con magnitude 1,9 visible pouco antes do amencer.
  • Venus en Ofiuco con magnitude 1,9 visible pouco antes do amencer.
  • Marte en Virgo com magnitude 1,78, visible catro horas antes do amencer.
  • Xúpiter en Libra com magnitude -1,31, visible 3 horas e media antes do amencer.
  • Saturno en Saxitario con magnitude de 0,6, pola súa proximidade ao Sol non visible.
  • Urano en Piscis con magnitude 6,1, visible con prismáticos case toda a noite.
Cometas
  • Este mes, pola súa magnitude os cometas son dificilmente localizables