Unha Limia Limpa é posible!!!

Que unha Limia Limpa é posible, e que paga moito a pena conseguila, é un sentimento que xa trascende fóra de Galicia: o proxecto presentado polos compañeiros de SGHN-Sección Antela foi un dos 50 seleccionados a nivel estatal para recibir unha axuda de 1.500 euros no cadro do proxecto “LIBERA, naturaleza sin basura” convocado por SEO/BirdLife e Ecoembes.

O obxectivo do proxecto comezado hai agora tres anos é reverter parcialmente e atenuar a degradación sufrida polos procesos de desecación, concentración parcelaria e vertidos de lixo, entullos e residuos varios na “Veiga de Gomareite”, que en tempos foi o extremo norleste da antigua Lagoa de Antela.

A primeira xornada de traballo para recollida de lixo xa está convocada para o vindeiro sábado día 2. O lugar de encontro é a Estación de Servizo Antela (saída 193 da autovía A52) ás 9:30 h. Se estás interesado en colaborar manda un correo electrónico a antela@sghn.org cos teus datos e teléfono de contacto, para organizar toda a loxística da actividade.

  • Divulga ti tamén!

    RSS
    Facebook
    Facebook
    Twitter
    Instagram