A SGHN presentou un escrito (PDF) diante do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente un escrito sobre o proxecto de “Estudio de Impacto Ambiental del Proyecto de Acondicionamiento de las márgenes del río Umia y senda fluvial en Ribadumia. Pontevedra”, que pretende executar varias actuacións, algunhas das cales son positivas e outras negativas para a zona:
- O Estudo de Impacto Ambiental (EIA) do proxecto marca varios Obxectivos:
- Unha rota de sendeirismo.
- Contacto coa natureza.
- Tirar máis aproveitamento ecolóxico-social do río.
- Acondicionar áreas recreativas.
- Creación de zonas de aparcamientos e miradores.
- A situación económica actual da zona e de España é:
- Crise económica sin precedentes na historia recente.
- Recortes en educación, sanidade e estado do benestar.
- Reducción de salario de funcionarios e en xeral de tódolos traballadores.
- Aumento de IRPF, IBI e IVE.
Con esta situación declaran un orzamento de 3.481.395,42 euros para as obras.
- A situación ambiental actual da zona afectada polas obras é:
- Degradación costeira e riparia. Só se contemplan retiradas parciais de entullo en zonas de acumulación, non a limpeza sistemática da zona.
- Invasión de terreos de Dominio Público Marítimo Terrestre. Non se vai actuar neste senso.
- Alta presencia de especies vexetales invasoras en ambas beiras do río e fincas. Só se actuará nunha das beiras do río, sen actuar enfrente e nas fincas, polo que a recolonización será rápida.
- Non aporta nada a medio ou longo prazo á conservación do espazo e área de actuación (p. ex. recuperar terreos públicos).
Diante desta situación, e cos argumentos que se poden ver no PDF do escrito, solicitouse o rexeitamento total do proxecto ou como segunda opción, refacer o mesmo tendo en conta:
- Non construir ningunha pasarela sobre a marisma.
- Recuperación do paso sobre o Dominio Público Marítimo Terrestre donde éste non sexa efectivo.
- Retirada de entullo e lixo nas marxes costeiras.
- Eliminación das especies invasoras en AMBALAS DÚAS beiras do río e manter un plan de contención para as reintroduccións que se puideran producir.
Por outra banda, detectáronse erros importantes (por falta de coñecemento da zona) na redacción do EIA, polo que o redactor do mesmo non cumpriu a obriga de facer un estudo localizado (é decir, non fixo o seu traballo). Á vista desta situación tamén se solicitou que o pagador (o Ministerio) faga as xestións necesarias para que o redactor devolva a parte proporcional económica que corresponda polo traballo non feito.