Entrevista a Joaquín Araujo

Acceso al texto original de la entrevista en castellano

Da man de Sociedade Galega de Historia Natural, coa colaboración do Ateneo de Ourense, D. Joaquín Araujo ven de compartir con todos nós os seus 50 anos de “profesión” adicada ao estudo, divulgación e defensa do medio ambiente, cunha conferencia impartida o sábado 29 de xuño desde as sete da tarde no salón de actos da Consellería da Presidencia en Ourense.

Ademáis durante o resto dese sábado participou con socios da SGHN nunha xornada de convivencia por terras da Limia, a excursión tivo como obxectivos dar a coñecer os valores ambientais que aínda perviven nesta comarca tan transformada nos últimos 60 anos e visibilizar o traballo que SGHN está a realizar en pro da conservación e mellora da biodiversidade limiá, que, con todo, aínda pervive.

Con motivo deste evento, D. Joaquín Araujo concedéunos a SGHN unha entrevista na que se analizan algúns dos máis importantes retos ambientais.

D. Joaquín, desde os seus inicios, xa có Dr. Rodríguez de la Fuente, considera que a valoración e percepción do medio ambiente e a conservación da naturaleza ten cambiado na sociedade?, de ser así, cómo e de que maneira?

Sí, cambiou, moito e para mellor. Os últimos 40 anos, pensemos que xa leva casi ese tempo desaparecido Félix, supuseron en primeiro lugar a consolidación dos momvementos ecoloxistas a través, principalmente das súas organizacións non gubernamentais. As cinco grandes do noso país xa son grupos con grandes equipos humanos, enormes recursos – sobre todo si os comparamos cós que antes tiñamos– e unha influencia máis grande nos empresarios e os políticos. 

En segundo lugar podémonos sentir moderadamente satisfeitos da xeneralización da conciencia ambiental en boa parte da sociedade. Ésto débese ao moito que se ten avanzado tamén no eido da comunicación, o periodismo ambiental e a difusión das, casi siempre pésimas, novas sobre a saúde das nosas paisaxes. 

Por primeira vez, é máis, existe un conato de prioridade política para moito máis que necesaria transición ecolóxica. 

Todo esto, non obstante, non quere dicir que o cambio sexa o suficiente porque lo que realmente está pendiente e a erradicación completa do modelo enerxético, a detención da sexta gran extinción e a posta en marcha dunha nova civilización. Enormidades, por supuesto, pero por completo necesarias e ata urxentes. 

Joaquín Araujo
Entende que hoxe o medio ambiente é un “obxecto de consumo” ou ben que existe unha conciencia real sobre a problemática ambiental e a súa repercusión sobre as nosas propias vidas?

Certamente unha das secuelas da xeneralización da conciencia ambiental é que serve tamén para a manipulación do sector comercial. Que nos atraian as paisaxes naturais, a comida sá, incluso a calma, úsase como técnica de mercado polos vendedores de produtos que están moi lonxe desa aspiración. É máis, case todas as grandes empresas, corporacións e departamentos da administración teñen a hipócrita necesidade de manifestarse como entusiastas defensores da continuidade da vida, aínda que as súas actividades reais consigan todo o contrario. En definitiva. como o ecolóxico comezou a vender, utilízase moito máis nese sentido que no necesario para deter a crise das crises, a ameaza do colapso, a mingua da vida a límites inaceptables. Nada vaise arranxar con máis consumo, máis tecnoloxías, máis velocidade ou máis comodidade. 

Como valora a resposta das distintas administracións ante o cambio climático que estamos a sufrir?

Absolutamente cutre e xa que logo mezquina desde o momento en que non só se incumplen tratados e compromisos senón que son o desleixo da función principal dun responsable público que é velar pola saúde dos seus semellantes. Lembremos, de paso, que nada é máis “ben común” que o conxunto dos elementos básicos, os ciclos esenciais e os procesos ecolóxicos. 

A primeira prioridade de todos os gobernos a todas as escalas, é dicir desde o director do colexio ao presidente dun goberno ou estado debera ser, nestes momentos, a loita contra o quecemento global da atmosfera.

Ao seu xuízo, que pode facer a poboación civil, calquera de nós, para mellorar a protección e preservación da natureza e o medio ambiente?

Como os gobernados somos moito máis rápidos que os gobernantes convén que as nosas iniciativas sexan tamén así. É dicir non hai que agardar a ninguén para poñer en marcha a túa contribución á saúde de todos e do Todo. Pódense levar a cabo miles de pequenos xestos que supoñan algo de alivio para a transparencia do aire, pódese aforrar enerxía artificial de cen xeitos diferentes e que todos temos na cabeza, é máis, pensemos que ata o 30/40 % do gasto de luz eléctrica é puro despilfarro, polo que a simple precaución no uso das nosas tecnoloxías pode axudar bastante. Podemos ser máis limpos, controlar mellor o montante do lixo. Podemos ser compasivos coas outras especies, ata coas vexetáis. Podemos actuar, no grao que se desexe, como activistas a favor da Vida. Ata se pode militar e colaborar directamente nas asociacións ecoloxistas e naturalistas. O repertorio da destrución é interminable, pero non menos o da solidariedade e a restauración.

Noutra orde de cousas, e no aspecto ambiental urbano, ante a proliferación de tallas, curtas e podas a todos os niveis e en calquera época como valora en xeral a xestión do arboredo nas nosas contornas urbanas?, entende que a futura Estratexia Estatal de Infraestructura Verde pode contribuír a mellorar a calidade de vida nos medios urbanos, e evitar estas desafortunadas actuacións?”

Nada resulta máis necesario agora mesmo que manter activos aos antídotos naturais contra o quecemento global. Á cabeza dos mesmo hai que situar ao bosque e a todos os seus corresponsales urbanos, é dicir parques e xardíns. Son a medicina; enferma por suposto polas pragas, as tallas, as malas podas, os incendios, pero son a mellor, máis eficiente e máis barata das medicinas contra a máis grave enfermidade da humanidade e do planeta. Curar á nosa medicina esixe non só as grandes políticas estatais ou internacionais senón tamén nas cidades a todas as escalas de responsabilidade. Hai que facer moito mellor todas as xestións vinculadas ao arboredo. A estratexia estatal contempla un sinfín de normas para correctas actuacións pero que deben pasar do papel á mesma atmosfera. É dicir que deben pasar da teoría á práctica, das boas intencións a cotiás realizacións.

Non concibo unha mediana calidade de vida no medio urbano sen a presenza do arboredo, abundante e san.

Doutra banda, e á vista do título da charla que impartiu, enténdese que existe unha interrelación entre as actividades agrogandeiras e a biodiversidade, pero en que medida son compatibles e en cales excluíntes?

A gandeiría si é extensiva, recorrendo ao máximo aos pasteiros naturais, con pouca, moi pouca utilización de farmacopeas contaminantes e cero fraudes é un excelente mantedor de paisaxes e das súas achegas á saúde de todos. Cando o coidado dos animais que alimentan convértese en actividade industrial buscando o rendemento a curto prazo e a comodidade, sucede, claro, todo o contrario é dicir convérsese nun dos principais problemas para este planeta e todos os seus inquilinos. Os animais domésticos xa supoñen máis biomasa que todos os salvaxes desas mesmas clases zoolóxicas, o gasto de enerxía e de auga dunha ganadeiría intensiva e estabulada é ata 1500 veces maior no caso da electricidade e ata 100 si é o do líquido elemento. A contaminación por dexeccións e puríns tamén se multiplica por moitas veces. En fin, xunto a que a continuidade da vida demanda que consumamos menos carne, a saúde dos nosos chans, augas e aires demanda unha reconversión, oxalá total, das gandeirías industriais ás naturais.

É máis, si temos en conta a porcentaxe de superficie forestal e montana dun país como o noso, as posibilidades desa reconversión son enormes e ademais perfectamente compatibles co mantemento da multiplicidade vital das nosas paisaxes.

Finalmente, considera posible reverter a denominada “España baleirada”? que se podería facer? que recomendaría aos cidadáns e ás administracións?

Débese, e xa que logo pódese, deter e reverter o baleirado das nosas paisaxes. O planeta non pode seguir soportando por moito tempo que o medio urbano medre a un ritmo de 400.000 novas persoas todos os días. Pero iso pasa por outra revolución pacífica pendente. Hai que devolver a consideración que se merece á Cultura rural, o máis extinguido do presente. Sinxelamente porque nada existe máis honroso e necesario que dar para comer. Hai que restaurar a xustiza que supón o que, como mínimo, o productor do sector primario debe cobrar o 33 % do prezo de venda ao público dos seus tomates, queixos, carnes ou grans. Hai que poñer ao primeiro en primeiro lugar e a iso deben contribuír as medidas políticas, os medios de comunicación e o sistema educativo.

Termino cun dos meus aforismos. Hai unha España baleira porque a outra está chea de baleiros. Grazas e que a Vida vos atalante.

Moitas grazas tamén a D. Joaquín pola súa amabilidade e por compartir esta singular xornada.

Breve semblanza de Joaquín Araújo
  • Campesiño: adica a maior parte do seu tempo á agricultura ecolóxica. Plantou aproximadamente unha árbore por cada día que viviu, unhas 25.000.
  • Logo empéñase en escribir, facer radio e cine documental, a dar conferencias, realizar exposicións e ao activismo ecolóxico e cultural desde fai 50 anos. Ten 34 carné doutras tantas ongs. Dalgunhas foi fundador e presidente. Colecciona as súas propias dimisións.
  • Está escribindo os seus libros 108 e 109 como único autor. Publicáronlle ademais 11 como coautor e 73 colectivos. A todos eles acompañan 8 enciclopedias que dirixiu e, en parte, escribiu.
  • Os seus 2.519 artigos foron publicados en 152 revistas, 19 blogs e 16 diarios. E segue. Actualmente escribe con frecuencia en cinco blogs e dúas revistas. 
  • Comisario de 28 exposicións e autor dos textos de case todas elas. 
  • Guionista e/ou director de 340 programas de TV, a maioría documentais. 
  • Fixo uns 5.700 programas de radio, case todos con seccións propias. Dirixiu tamén algúns. 
  • Tanto en radio como en televisión fixo os primeiros directos de Natura da historia deses medios en España. 
  • Deu unhas 2.500 conferencias tanto en España como nunha decena doutros países. 
  • Perséguenlle os premios. Dos 49 recibidos destacan: o GLOBAL 500 da ONU, considerado o máis importante do mundo no seu campo; o Wilderness Writting (só hai cinco premiados no mundo); o do BBVA á difusión da multiplicidad vital que o máis importante que se dá en España. 
  • É o único español ao que lle concederon dúas veces o Premio Nacional de Medio Ambiente. 
  • Nomeado aos Oscar de Hollywood e aos Goya pola súa participación en Nómadas do Vento. 
  • É Numerario da Real Academia das Letras e das Artes e medalla de ouro de Estremadura. 
  • Desempeñou 93 oficios ao longo da súa vida. 
  • ****Unha cuarta parte de todos estes traballos realizounos de forma altruísta. 
  • A un IES, unhas lagoas, un museo, un taller, tres árbores, unha fonte e unha cima puxéronlles o seu nome. 
  • E, sobre todo, pretende , aínda que seguramente é imposible, salvar ao que lle salva: a NATURA.