Espazo profundo: M78

Dentro do Complexo de Nebulosas Moleculares de Orión (OMCC) atopamos a M78. É unha nebulosa de reflexión, o que significa que contén moi pouco gas ionizado que simplemente reflicte a luz das estrelas próximas de décima magnitude de tipo B, HD 38563A e HD 38563B, responsables de iluminar as nubes de po da nebulosa.

Dentro dela, hai 45 estrelas de baixa masa con liñas de emisión de hidróxeno, estrelas variables irregulares similares á estrela T Tauri, que ben poden estar nas etapas iniciais da súa vida estelar.

Ten unha magnitude aparente de 8,3 e atópase a unha distancia aproximada de 1.600 anos luz. Ocupa un área de 8 x 6 minutos de arco, que corresponde aproximadamente 10 anos luz. Descuberta a principios de 1780 por Pierre Mechain, discípulo de Charles Messier, que a confirmou o 12 de decembro dese ano. Tamén é coñecida como: Messier 78, M78, NGC 2068 e Ced 55ou. M78 é a nebulosa de reflexión difusa máis brillante do ceo. Pódese ver fácilmente con prismáticos e pequenos telescopios. É bastante fácil de atopar, xa que se atopa a só 2 grados ao noreste de Alnitak. De momento invitámosvos a vela nesta foto dos nosos compañeiros de Fotografía Ferrolterra e da Sección de Astronomía da SGHN.

Nebulosa M78 no Complexo de Nebulosas Moleculares de Orión