O ceo en novembro de 2019

Efemérides

  • Día 3: Aniversario de lanzamento do Sputnik 2 coa cadela Laika a bordo (1957).
  • Día 4: Ás 11:23 h a Lúa en Cuarto Crecente.
  • Día 6: Choiva de estrelas Tauridas do Sur, do 1 ao 20, cun máximo o 5 de novembro de 5 por hora. Radiante en Tauro.
  • Día 9: Aniversario do nacemento do astrónomo americano Carl Sagan (1934). Venus e Antares moi próximos.
  • Día 10: Marte e Spica moi próximos.
  • Día 12: Ás 14:34 h Lúa Chéa.
  • Día 16: En 1974 có radiotelescopio de Arecibo enviase unha mensaxe ó cúmulo globular M13, na constelación de Hércules.
  • Día 18: Choiva de estrelas Leónidas, do 6 ao 30, cun máximo o 18 de novembro de 15 por hora. Radiante en Leo.
  • Día 19: Ás 22:11 h a Lúa en Cuarto Minguante.
  • Día 22: Choiva de estrelas Alfa-Monocerotidas, do 13 ao 30, cun máximo variable o 22.
  • Día 24: Marte e a Lúa moi próximos.
  • Día 25: Mercurio e a Lúa moi próximos.
  • Día 26: Ás 16:05 h Lúa Nova.
  • Día 28: Xúpiter, Venus e a Lúa moi próximos.
  • Día 29: Saturno e a Lúa moi próximos.

Planetas

  • Mercurio en Libra, magnitude 1,83, visible media hora antes do amencer.
  • Venus en Ofiuco, magnitude -3,34, visible 1 horas despois do solpor.
  • Marte en Virgo, magnitude 1,96, visible 2 horas antes do amencer.
  • Xúpiter en Ofiuco, magnitude -1,43, visible 1 hora despois do solpor.
  • Saturno en Saxitario, magnitude 0,78, visible 2 horas despois do solpor.
  • Urano en Aries, magnitude 6,02, observable cun telescopio pequeno toda a noite.

Cometas

  • Os cometas deste mes teñen magnitudes superiores a 10, polo que a súa observación e moi complicada.
Imaxe do ceo cara ao sur, o 15 de novembro ás 24 h