Espazo profundo: Nebulosa do Veo Efemérides astronómicas de novembro

Na constelación do Cisne, un pouco por debaixo da estrela Giennah, fai ao redor de 8.000 anos epareceu de súpeto o que parecía unha nova estrela no ceo case tan brillante como unha Lúa Chea, e que permaneceu visible durante semanas para ás persoas que vivían nos albores da historia rexistrada.

En realidade foi a explosión de supernova dunha estrela 20 veces máis masiva que o noso Sol. Antes de estalar expulsou un forte vento estelar que provocou unha gran cavidade no gas interestelar circundante. As grandes cantidades de enerxía liberadas a consecuencia da explosión orixinaron que os restos se movan a velocidades de 600.000 quilómetros por hora, creando frontes de choque que quentan o gas circundante a millóns de grados.

Os restos de dita supernova os coñecemos hoxe como a Nebulosa do Veo ou o Lazo do Cisne. O seu tamaño aparente é de sete lúas cheas, aínda que o seu tamaño real estímase en 110 anos luz. Atópase a unha distancia de 2.100 anos luz e a súa magnitude aparente é de 7.

A Nebulosa do Veo ten tres partes principais: o Veo do Leste, o Veo do Oeste e o Triángulo de Fleming. Na foto dos nosos compañeiros de Fotografía Ferrolterra e da SGHN, podemos ver o Veo do Oeste, tamén coñecida como: Nebulosa da Escoba da Bruxa, Nebulosa Filamentaria, Nebulosa do Dedo de Deus, Nebulosa do Veo Nupcial, Nebulosa do Cirro, ou Caldwell 34. No Novo Catálogo Xeral ten a designación NGC 6960. A estrela do centro da imaxe é 52 Cygni de magnitude 4,22, o que a fai o suficientemente brillante como para ser vista sen prismáticos, pero non está físicamente asociada co remanente da supernova.

Para Astrónomos e astro-fotógrafos, a Nebulosa do Veo é un obxecto frecuente de estudo, xa que é grande, está relativamente preto da Terra, constitúe un bo exemplo dun remanente de supernova e é un dos obxectos máis espectaculares no ceo do norte.

  • Día 03: 60 aniversario do lanzamento do Sputnik 2 coa cadeliña Laika (1957). Ás 05:24 h Lúa Chéa.
  • Día 4: Choiva de estrelas Táuridas, actividade desde o 20 de outubro ao 30 de novembro, con máximo de 10 por hora o día 4.
  • Día 9: Necemento do grán astrofísico Carl Sagan (1934).
  • Día 10: Ás 20:28 h a Lúa en Cuarto Minguante.
  • Día 12: Aniversario da gran tormenta meteórica das Leónidas (1833) mais de 100.000 por hora.
  • Día 13: Venus e Xúpiter moi próximos, visibles pouco antes da saída do Sol, na constelación de Virgo.
  • Día 15: Marte e a Lúa moi próximos.
  • Día 16: En 1974 desde o radiotelescopio de Arecibo e lanzada unha mensaxe a M13 na constelación de Hercules.
  • Día 17: Choiva de estrelas: Leónidas, actividade desde o 12 ao 20, con máximo de 20 por hora o 17 de novembro. Venus e a Lúa moi próximos.
  • Día 18: Ás 11:44 h Lúa Nova.
    Día 20: Mercurio, Saturno e a Lúa moi próximos.
  • Día 26: Ás 17:04 h a Lúa em Cuarto Crecente.
  • Día 28: Saturno e Mercurio moi próximos.

Planetas

  • Mercurio en Escorpio cunha magnitude de -0,72, visible 1 hora depois do solpor.
  • Venus en Libra  cunha magnitude – 3,38, visible desde 1 hora antes do amencer.
  • Marte en Virgo cunha magnitude de 1,94, visible desde 3 horas antes do amencer.
  • Xúpiter en Libra cunha magnitude de -1,23, visible desde 1 hora antes do amencer.
  • Saturno en Ofiuco cunha magnitude 0,73, visible 2 horas depois do solpor.
  • Urano en Piscis, magnitude 6,04, visible toda a noite..

Cometas

  • Tan só C/2017 O1 (ASASSN) en Camelopardalis com magnitude 7, pode ser visto cún lelescopio pequeno. Os demáis teñen magnitudes que os fan difícilmente observables