Foro telemático sobre o fin da caza de baleas

Mañá venres ás 20h terá lugar un foro telemático sobre o final da caza de baleas co gallo do Día da Balea. No ano 1985 conqueriuse a moratoria da caza de baleas. Galicia foi escenario do comezo da caza organizada de cetáceos na idade media e no final da explotación industrial. A SGHN tivo un papel moi activo nesa convulsa última etapa (máis…), o que lembraremos neste Forocemma. Tamén que no Museo de Historia Natural en Ferrol atópase a oportunidade de ver a máis completa colección de mamíferos mariños de España, con alusión á súa explotación ata o esgotamento do recurso.

https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=pfbid02T2s4AfVrT4g5YuaGkwSGaSkRsdQWJjBob54KUJKUJYYfrHLHCwdMEA7My7QgUyG8l&id=100064790013842