Frai Martín Sarmiento, o primeiro naturalista

Presentación do libro o 07-03-24 no MHN

O investigador e divulgador Rafael López Loureiro presentará o seu libro “MARTÍN SARMIENTO, O PRIMEIRO NATURALISTA” (Edicións Embora) no salón de actos do Museo de Historia Natural en Canido ás 19:00 h do vindeiro xoves día 7 de marzo. Ao longo do acto, con asistencia libre ata completar aforo, o autor estará acompañado polo delegado en Ferrol da SGHN Xan Rodríguez Silvar, o escritor Antón Cortizas e o editor Miguel Toval.

Esta presentación forma parte das actividades que organiza o Museo de Historia Natural baixo o patrocinio do Concello de Ferrol.

As actividades do Museo son posibles grazas ás cotas das persoas socias da SGHN, ás doazóns do público, a un convenio coa Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ferrol, e a unha subvención puntual da Deputación da Coruña para o mes de decembro.