Atlas SGHN de Flora Exótica Invasora: Helichrysum petiolare Hilliard & B.L. Burtt

A coñecida como sempreviva, Helichrysum petiolare, é un subarbusto ramoso e gabeador da familia das compostas orixinario de Sudáfrica, que foi citado por vez primeira en Galicia no ano 1974. Ten follas moi pilosas de cor verde pola face e abrancazas polo envés.

Emprégase como especie ornamental. Invade na beiramar a zona de matogueira, que vai ocupando rápidamente desprazando as especies autóctonas alí presentes coa consecuente perda de biodiversidade.
Tamén é especialista en invadir zonas degradadas, con plantacións de eucaliptais, queimadas e alteradas que favorecen a súa expansión. Actualmente expándese pola costa Ártabra, nas Rías Baixas e na Ría do
Eo.

Helichrysum petiolare Hilliard & B.L. Burtt
Helichrysum petiolare Hilliard & B.L. Burtt

Colabora no Atlas escribindo a botanica@sghn.org

Preme aquí para acceder ao listado completo de fichas de especies de flora exótica invasora publicadas.