Hai case un século que comezou a xermolar o problema. Xa pasaron 45 anos desde que estoupou con toda a súa intensidade, pero o problema de base dos incendios forestais en Galicia, que todos coñecen, segue sen resolverse e nin siquera abordarse.
Está claro que nin con máis medios, nin con máis tecnoloxía, nin con máis cartos as autoridades son capaces de rematar con esta lacra. De non querer entrar a fondo na base social dos lumes, nunca os venceremos.
Podémolo dicir máis alto, pero non máis claro.

Declaracións do Presidente de SGHN sobre os lumes no Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés en La Brújula de Galicia de Onda Cero (minutos 8:40 a 17:00).
