Novo informe científico sobre o Arsénico e a mina de Corcoesto

Nunha rolda de prensa celebrada ás 12 h na LIBRARIA COUCEIRO de Santiago de Compostela presentouse o informe científico “Potencial movilización de arsénico en los materiales geológicos y residuos mineros de Corcoesto: Una revisión crítica” realizado polos Doctores David A. Rubinos, Rosa Devesa-Rey, Francisco Díaz-Fierros e María Teresa Barral da Universidade de Santiago de Compostela. A presentación correu a cargo de Nela Abella e Bráulio Amaro (Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños) e Serafín González Prieto (investigador do CSIC e presidente da SGHN).

Neste informe independente, elaborado de xeito altruista en resposta á petición da Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños, critícanse con sólidos argumentos científicos tanto a metodoloxía empregada como os resultados obtidos no Estudio de Impacto Ambiental (EIA) presentado pola empresa  sobre o impacto da mina na mobilización e aporte de arsénico. O informe é claro e rotundo: tanto o EIA como a Declaración de Impacto Ambiental favorable da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia amosan serios erros e eivas que os invalidan de xeito incuestionable.

O informe íntegro pode descargarse en PDF premendo AQUÍ.