Investigación de oficio da Defensora del Pueblo sobre Corcoesto

SGHN tivo acceso á resposta do Subdirector Xeral de Avaliación Ambiental sobre a investigación de oficio que abriu a Oficina da Defensora del Pueblo polos alarmantes niveis de arsénico na zona de Corcoesto onde Edgewater Exploration pretende explotar unha mina de ouro a ceo aberto. Na resposta do Subdirector Xeral transcríbese e tradúcese parcialmente o artigo científico de Costas e colaboradores (2011) que SGHN divulgou aos medios de comunicación o 17-12-2012.

SGHN considera que dita transcrición e tradución parcial son manifestamente insuficientes para comprender o artigo científico e os resultados dos investigadores que o realizaron. Por iso, ven de enviarlle á Defensora del Pueblo unha copia íntegra do artigo, solicitándolle unha atenta lectura de diversos parágrafos subliñados. Así mesmo, SGHN discrepa da tradución/interpretación que dalgúns parágrafos faise na resposta do Subdirector Xeral; como exemplo suxírelle á Defensora del Pueblounha comparación directa entre:

  • A afirmación do Subdirector Xeral (párrafo 3º, penúltima páxina da súa resposta) de que o artigo non “vincula o contido en arsénico na bacía do río Anllóns coa antiga mina de ouro”.
  • O primeiro parágrafo da páxina 312 do artigo de Costas e col. (2011) na que, en relación cos altos niveis de arsénico nos sedimentos do esteiro do Anllóns afírmase textualmente que “It should be a consequence of quick flow peak of Anllóns that may transport larger size particles of sediment from the mining zone”.

Ao mesmo tempo, SGHN envioulle á Defensora del Pueblo unha copia das páxinas da monografía “Niveis xenéricos de referencia de metais pesados e outros elementos traza en solos de Galicia” correspondentes ao arsénico e os niveis a partir dos cales existe risco natural, co rogo de que as teña en consideración na investigación de oficio.

Páxina 312 do artigo de Costas e colaboradores (2011).
Páxina 312 do artigo de Costas e colaboradores (2011).