O vindeiro sábado 28 de novembro celebraranse as IV Xornadas Galegas de Patrimonio Natural e Biodiversidade. A sesión da mañán terá lugar de 10:00 a 14:00 h; a de tarde de 16:00 a 19:00 h.
As Xornadas anuais organizadas pola SGHN este ano serán por videoconferencia debido á situación da pandemia COVID19. Estades convidados tódolos socios/as da SGHN a participar. O programa deste ano é moi interesante e precisamente estamos nun momento histórico no que o estudo e conservación da natureza tórnase chave para a vida no planeta. O programa inclúe 7 conferencias nas que expertos sobre as diferentes temáticas achegarán o coñecemento científico a tódolos participantes. Nos debates programados poderanse intercambiar cuestións dirixidas ó panel de relatores.
A Xornada é gratuita con inscrición obligatoria a través dun formulario no seguinte ENLACE DE INSCRICIÓN: https://forms.gle/oJka78yieE9Nr7scA
As sesións poderanse seguir online dende ordenador, tableta ou teléfono móbil. Enviaremos un enlace para conectarse de forma moi sinxela. Calquera consulta ou problema podes escribirnos a: xornadas@sghn.org
Actualización importante
Debido a limitacións técnicas do número de participantes tívose que cambiar a plataforma pola que se farán as xornadas. Agora podes seguilas pola canle de YouTube da SGHN, para iso podes procurala en Youtube ou premer nesta ligazón.
