III Censo de cegoña branca invernante en Galicia

SGHN rematou a recompilación de datos para o III Censo de Cegoña branca e xa os remitiu á SGO, coordinadora xeral en Galicia deste censo.

Destacamos de novo o excelente desenvolvemento do traballo, grazas á boa coordinación de SGHN e, sobre todo, ao esforzo impagable dos 40 colaboradores que completaron a maior parte das zonas de interese para as nosas Ciconia ciconia invernantes.

O censo baseouse na prospección directa nos niños xa detectados cando o censo de Cegoña branca nidificante en Galicia, así mesmo percorréronse as zonas propicias para a especie, e moi especialemente as exhaustivas enquisas cós veciños dos lugares visitados. O esforzo nos vertedoiros foi magnífico!

Finalmente SGHN detectou a presenza de 37 cegoñas brancas, con exemplares en todas as provincias, sendo de novo a Terra Chá e A Limia as zonas con máis avistamentos.

No cadro adxunto podedes ver o número de cegoñas vistas tanto por provincias como por concellos.

Tamén se visitaron con resultados nulos os seguintes concellos:

  • A Coruña: Corcubión. Mesía. Melide. Santiso. Sobrado. Zona Vertedoiro SOGAMA-GESUGA (Cerceda). Zona de Lesta (Ordes).
  • Lugo: A Fonsagrada. A Pobra de Brollón. Abadín. Becerreá. Begonte. Bóveda. Carballedo. Castroverde. Chantada. Friol. Guitiriz. Guntín. Láncara. Meira. Monterroso. O Incio. O Páramo. O Saviñao. O Valadouro. Palas de Rei. Paradela. Pol. Portomarín. Quiroga. Rábade. Sober. Taboada. Vilalba. Viveiro. Xermade.
  • Ourense: A Gudiña. A Merca. A Mezquita. A Rúa. Allariz. Baños de Molgas. Carballeda de Valdeorras. Castro Caldelas. Larouco. Maceda. Manzaneda. O Barco de Valdeorras. Oímbra. Paderne de Allariz. Petín. Rairiz de Veiga. Ribadavia. Riós. Rubiá. San Cibrao das Viñas. San Xoan de Río. Sarreaus. Trasmiras. Verín, Viana do Bolo.Vilamartín de Valdeorras. Vilar de Barrio. Vilariño de Conso. Xunqueira de Espadanedo.
  • Pontevedra: A Guarda. Agolada. O Porriño. O Rosal. Rodeiro. Tomiño. Tui.

E nada máis que volver a agradecer vivamente a todos os colaboradores o seu magnífico traballo, ás persoas que levaron a cabo a corrodinación na SGHN, e tamén á SGO polo súa implicación na coordinación xeral de Galicia e á SEO por impulsar este III Censo de Cegoña branca invernante..

Vémonos nos seguintes