Martín Sarmiento… o primeiro naturalista?

Con este título terá lugar esta interesante charla, na que Rafael López Loureiro expoñerá a faceta menos coñecida da obra naturalista do relixioso beneditino e escritor galego. Rafael López Loureiro é profesor, investigador e divulgador. Mantén o blogue “Ao noroeste do Noroeste”, onde recolle máis información sobre o contido da charla no museo. Nesta charla pretende dar unha presentación da vida, obra e méritos de Martín Sarmiento, salientando a súa faceta menos coñecida: o inmenso legado, todavía por publicar, que nos deixou no eido das Cencias Naturais en sentido amplo.

A charla terá lugar no salón de actos do Museo de Historia Natural o venres 25 de novembro ás 19:00 h. Entrada libre ata completar aforo.

As actividades organizadas polo Museo de Historia Natural, ademais das cotas das persoas asociadas que forman parte da institución e doazóns de particulares, son patrocinadas pola Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ferrol ao longo do ano, e de xeito puntual no mes de decembro a través de subvención pola Deputación da Coruña.