Nova especie de bolboreta para Ourense

Zizeeria knysna Foto: X. L. Rey-Muñiz

Durante o ano 2022 localizouse por vez primeira a bolboreta Zizeeria knysna (Trimen, 1862). É unha especie de distribución ampla no centro e sur da Península Ibérica, e está considerada como non abondosa. Entre setembro e outubro foi localizada en varios lugares de Pontevedra e Ourense. Publicouse primeiro as citas de Pontevedra (ESTEVEZ & PINO, 2022) á par que era localizada no Parque Natural da Baixa Limia e Serra do Xurés e outras localidades da Provincia de Pontevedra.

Estas citas están publicadas nunha nota da revista BRAÑA, onde se relacionan as mesmas, así como diversas fotos dos hábitats onde foi localizada