SGHN suscribe o escrito de petición ao MITERD da Plataforma por la Defensa de la Cordillera Cantábrica
Petición nº 1
A) Que se determinen criterios ambientais e zonificación vinculantes mediante as medidas legislativas ou regulamentarias pertinentes para que dita zonificación sexa tida en conta nas autorizacións de instalacións de xeración e transporte de enerxías renovables, e na planificación sectorial e territorial das comunidades autónomas, debendo ser
incorporada a unha cartografía co detalle e tecnoloxía axeitadas que facilite o acceso do público en xeral.
B) Que se adopten as medidas precisas polas que se garanta (ou se fagan públicas no seu caso) a obxectividade das declaracións de impacto ambiental, especialmente cando o órgano ambiental e o órgano sustantivo estean integradaos no mesmo ministerio, departamento ou consellería.
Petición nº 2
Que se adopten as medidas regulamentarias pertinentes para o desenvolvemento dun Xeo-portal no que, ademais da zonificación obxecto da anterior petición, se incorpore outra capa con información detallada de todos os proxectos activos e en tramitación, tanto por parte do MITERD como das diferentes comunidades autónomas. A información contida nesta capa debería incluír todos os compoñentes dos proxectos: número e ubicación de aerogeneradores e/ou placas fotovoltaicas, así como pistas/accesos tanto de obra como de mantemento, liñas de evacuación e de transporte de enerxía, subestaciones e nós de conexión. Ao mesmo tempo, debería incluírse a información detallada de cada proxecto (potencia obtida, empresa promotora, estado de tramitación, concellos afectados, etc.), e o acceso aos seus estudos de impacto ambiental e fase de autorización na que se atopa.
Petición nº 3
Que o MITERD adopte as iniciativas lexislativas e/ou regulamentarias precisas para que se aprobe:
A) Unha planificación do desenvolvemento de enerxías renovables conforme aos obxectivos marcados pola UE para a descarbonización da economía e demanda dos usuarios, que permita preservar e recuperar a biodiversidade conforme á Estratexia sobre Biodiversidade para 2030 da Unión Europea e demais normativa ambiental.
B) A suspensión da tramitación de novas solicitudes de autorización de instalacións de xeración de enerxías renovables nas zonas de Máxima, Moi Alta e Alta sensibilidade ambiental delimitadas na zonificación ambiental para enerxías renovables xa mencionada, ata tanto e en canto non se leve a cabo dita planificación sectorial.
Petición nº 4
Que se promovan as modificacións lexislativas e regulamentarias pertinentes para que sexa requisito de autorización das instalacións de produción de enerxía e as súas redes privadas de transporte que estas estean contempladas no planeamento urbanístico no momento da solicitude de autorización.
Petición nº 5
A) Que se dote da capacidade operativa e orzamentaria necesaria ao IDAE (Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía) e á CIUDEN (Ciudad de la Energía) para que os seus técnicos e os seus servizos logren levar a mensaxe da transición enerxética ecolóxica e xusta á sociedade, de modo que se consiga que a cidadanía adquira habilidades respecto ao uso da enerxía e coñeza todas as posibilidades e oportunidades para conseguir eficiencia, aforro e autoconsumo na súa propia realidade.
B) Que se aumenten significativamente as partidas orzamentarias destinadas ao financiamento de instalacións de autoconsumo individual ou comunitario e se dea suficiente difusión das mesmas a través, por exemplo, do IDAE ou da CIUDEN.
C) Que se arbitrense con urxencia as medidas necesarias para aumentar no sistema da formación profesional as liñas de formación de persoal técnico en instalacións de enerxías renovables, domésticas ou de comunidades enerxéticas, que incrementen o nivel do autoconsumo e reduzan, á vez, o impacto ambiental e a tarifa enerxética, conforme establece o artigo 35 da Lei 7/2021.