Por Estaca de Bares con Antonio Sandoval

Desta vez unha xornada excepcional. Desde Ourense, e alguns outros lugares de Galicia, un bó grupo de persoas achegámonos a Estaca de Bares para contemplar o paso das aves migradoras mariñas. Tiñamos moitas ganas, pois xa desde comezos da COVID falaramos de organizar con Antonio esta visita. Tanto é así que polo mes de marzo xa fixeramos con él unha charla/conferencia telemática moi interesante.

O dito, estabamos ansiosos de compartir unha xornada de campo con Antonio Sandoval no seu “despacho” de Estaca de Bares. A predicción meteorolóxica non era demasiado boa especialmente nesta punta de nosa costa, pero a cita xa estaba programada e si Antonio Sandoval ía estar alí imperturbable … nós tamén.

Entre vento e choiva iniciamos a xornada de observación do paso das aves mariñas fundamentalmente mascatos (Morus bassanus) adultos e novos que surcaban o ar paralelos á costa e no mar unhas grandes “balsas” de pardelas (Puffinus spp).

O ritual, nestes casos, está claro, hai que mirar por tódolos telescopios e por cantos máis prismáticos mellor para comparar as calidades deixando aos expertos explicar e ensinarnos a mirar estas aves que sin parar avanzan diante da costa, mentres na mar faenan algúns barcos e uns mergulladores alleos á choiva.

Có paso das horas apreciamos as diferencias entre os mascatos novos e os adultos e ollamos atentos por si se poidera ver algún mamífero mariño, pero non houbo sorte. Aínda que si puidemos ver todo un espectáculo cando un gran grupo de mascatos detectou un cardúmen e lanzáronse en rápidos picados como torpedos sobre eles: simplemente impresionante e ainda durou un tempo. Tamén asistimos ao que é a vida cando unha Palleira grande (Stercorarius skua) cazou e deu boa conta dunha pardela.

Tal e como nos conta Antonio Sandoval hai momentos de observacións extraordinarias e hoxe tocou o paso de ** mascatos por hora. E, de sorpresa para todos os visitantes, un Falcón (Falco peregrinus) deixounos uns marabillosos pousados no momento de mellor luz.

Xunto coas aves, os muiños situados en “cascada” baixando polo cantil foron obxecto das cámaras e comentario dos presentes que se sorprenden das técnicas desenvolvidas polas xentes de lugar para dar solución as súas necesidades.

Resumindo, Estaca de Bares: todo un espectáculo e un lugar que calquera ornitólogo e aficionado ás aves debe visitar, e que se coñece grazas ao traballo, entre outras persoas, de Antonio Sandoval, a quen quedamos moi agradecidos pola súa atención e felicitamos pola súa paciencia e dedicación. Moitas grazas.