Día 3: Aniversario do lanzamento do Sputnik 2 coa cadela Laika a bordo (1957). A Lúa e Mercurio moi próximos.
Día 4: Ás 22:15 h Lúa Nova.
Día 5: Choiva de estrelas Tauridas do Sur, do 1 ao 25, cun máximo o 5 de novembro de 5 por hora. Radiante en Tauro.
Día 8: A Lúa e Venus moi próximos.
Día 9: Aniversario do nacemento do astrónomo americano Carl Sagan (1934).
Día 10: A Lúa e Saturno moi próximos.
Día 11: Ás 13:46 h a Lúa en Cuarto Crecente. A Lúa e Xúpiter moi próximos.
Día 12: Choiva de estrelas Tauridas do Norte, do 1 ao 30, cun máximo o 12 de novembro de 5 por hora. Radiante en Tauro.
Día 16: En 1974 có radiotelescopio de Arecibo enviase unha mensaxe ó cúmulo globular M13, na constelación de Hércules.
Día 17: Choiva de estrelas Leónidas, do 6 ao 30, cun máximo o 17 de novembro de 15 por hora, orixinadas polo cometa 55P/Tempel-Tuttle. Radiante en Leo.
Día 19: Eclipse parcial de Lúa, comenza ás 07:02 h a fase de penumbra, ás 08:19 h comenza a umbra que será visible ata o ocaso da Lúa. Ás 09:57 h Lúa Chéa.
Día 21: Choiva de estrelas Alfa-Monocerotidas, do 21 ao 23, cun máximo variable o 21.
Día 27: Ás 13:28 h a Lúa en Cuarto Minguante.
Planetas
Mercurio en Libra, magnitude -0,96, pola súa proximidade ao sol casi non visible.
Venus en Saxitario, magnitude de -4,73, visible 2 horas despois do solpor.
Marte en Libra, magnitude de 1,64, visible 1 hora antes do amencer.
Xúpiter en Capricornio, magnitude de -2,39, visible 5 horas despois do solpor.
Saturno en Capricornio, magnitude 0,66, visible 4 horas despois do solpor.
Urano en Aries, magnitude de 5,73, observable a simple vista toda a noite.
Cometas
Tan só 67P/Churyumov-Gerasimenko (2021) en Xéminis con magnitude 8 – a mellor data de observación é o día 3, un grado ao sur da estrela Iota Gem (Yin Yang) – e 6P/d’Arrest (2021) en Piscis Austrinus con magnitude 9 poden verse cun telescópio pequeno, os demais teñen magnitudes superiores a 10, polo que a súa observación e moi complicada.