Na procura do abellaruco, 2022

Un ano máis imos “Na procura do Abellaruco”, especie singular en Galicia restrinxida a Ourense, aínda que como vamos comprobando ano tras ano está máis presente do que se puidera pensar. Neste 19 de xuño de 2022 volvemos a explorar as terras de Trives onde xa tiñamos localizadas colonias outros anos, pero nas que tamén tiñamos constatado o abandono dalgunhas.

No punto de encontro atopamos a primeira sorpresa: na Iglesia de Trives un grupo de persoas afanábase en completar unhas alfombras florais para celebrar o Corpus. Segundo comentaron neste ano elabóranse dentro da Iglesia e con moito traballo porque as flores non están no seu mellor momento e hai menos cantidade da habitual, o cal supón unha dificultade pois non se pode “colorear” todo o que se desexaría e … son cada vez menos as máns dispoñibles.

O día apareceu algo inestable e semellaba que non ía acompañar porque os abellarucos están máis activos con temperaturas altas e tempo seco aproveitando o vóo dos insectos, que, como sabemos doutros anos, non son só abellas como constatamos cando se ven dando boa conta de cabaliños do demo e bolboretas.

Xa na zona fíxose un intento de observación nun noiro que levaba alomenos tres anos sin ser utilizado, e … sorpresa!! por alí voaban e se pousaban, como é habitual, nos tendidos eléctricos e nas puntas das polas secas dos castiñeiros.

Coa satisfacción de ter cumplido o obxectivo da xornada, os organizadores xa respiraron tranquilos e deron continuidade á xornada segundo o previsto para coñecer algo mellor a riqueza paisaxística, natural e cultural da provincia ourensá.

Así o grupo atravesou pobos, campos, preciosos soutos e arboredos onde era posible volver a localizar ao protagonista da xornada, que se fixo de rogar aínda que nos rondou, deixándose escoitar e ver moi ao lonxe.

Outra das sorpresas da xornada foi descubrir como en poucos kilómetros a vexetación cambia adaptándose á diversidade climatolóxica e topográfica, pasando dos soutos ás aciñeiras e sobreiras que se extenden cubrindo as ladeiras máis quentes do canón do río Bibei preto do Santuario das Ermidas. E xa como a calor avanza sendo mediodía hai que fixarse nas lavandas, tomillos, manzanilla, xaras, … que enchen o ar coas súas fragancias.

Antes de xantar na zona cuberta do adro do Santuario das Ermidas, albiscouse unha familia de papafigos que saltaban entre as froiteiras doutro lado do río buscando alimento, e ben preto delas unha familia de porco bravo nos sucalcos.

O programa da tarde, xa con moita calor, estivo adicado a coñecer algo mellor a historia, arquitectura e tradicións relixiosas do santuario da mán de D. José Vega quen, aínda con pouca voz, guiou aos participates pola fachada e polo interior da iglesa acompañando as explicacións coas súas vivencias e algunha que outra anécdota mentres no exterior empezaba a chover.

E así foi, moi resumidamente, outra interesante xornada, moitas grazas aos organizadores e participantes, e … ata o ano que ven.