Visitas guiadas ao MHN na semana de reis

Seguimos coa nosa actividade divulgativa dende o Museo de Historia Natural de Ferrol, onde atendemos e ofrecemos visitas guiadas gratuítas nesta semana de reis do 2 ao 5 de xaneiro, de 12:00 a 13:00 horas e de 17:30 a 18:30 horas, grazas ao patrocinio do Concello de Ferrol.

O número máximo de participantes é de 20 persoas por grupo e non é precisa inscrición previa (abonda con presentarse no museo pouco antes do horario da quenda que se prefira).

Para solicitar máis información sobre estas visitas, podes contactar previamente co MHNF a través do correo electrónico museo@sghn.org ou nos teléfonos 881.931.315 e 698.141.384 no noso horario habitual de atención ao público.