O Proxecto Libera natureza sen lixo
O proxecto LIBERA, unidos contra a basuraleza, naceu no ano 2017 para frear as consecuencias do lixo abandonado nos espazos naturais nos diferentes ecosistemas españois. O proxecto ideouno e levouno a cabo a ONG ambiental decana de España, SEO/BirdLife, en alianza con Ecoembes, a organización medioambiental sen ánimo de lucro que promove a economía circular a través da reciclaxe dos envases.
O obxectivo desta iniciativa é concienciar e mobilizar á cidadanía para manter os espazos naturais libres de lixo e que poidamos, deste xeito, liberar espacios en favor da biodiversidade. Para iso, desde LIBERA suscítase unha abordaxe integral do problema, en tres eixes de acción: coñecemento, prevención e participación.
Libera: unha Limia limpa é posible!
Con esta base, o pasado 15 de xuño de 2019 organizouse, a nivel nacional, a terceira edición de “1 m2 pola natureza”, unha actividade voluntaria co obxectivo de retirar lixo da natureza.
Dado que esta actuación alinease cos traballos que SGHN está a desenvolver na Limia desde fai anos, decidiuse colaborar dirixindo a un grupo de voluntarios da empresa aseguradora Allianz co apoio dos socios e colaboradores habituais xa con experiencia neste tipo de accións.
Equipo Allianz preparado Presentación da xornada Camiño ao primeiro obxectivo
Liberando de lixo predios de propiedade pública
O primeiro de todo, como sempre fai SGHN, foi explicar aos voluntarios que as zonas seleccionadas para o desenvolvemento da xornada son parcelas propiedade da Xunta de Galicia (xestionadas por AGADER-BANTEGAL), alugadas por SGHN, con importancia ambiental para a conservación de elementos singulares e/ou recursos ambientais: antigo meandro do río Limia, parcela anexa a areeira e parcela con charca e rexenerado de salgueiros. Así as cousas, nesta actuación conséguese unha colaboración con múltiples actores: SEO, Ecoembes, Xunta de Galicia (AGADER-BANTEGAL), SGHN e Allianz.
Un meandro convertido en vertedoiro
A xornada comeza na parcela con maior volume de residuos, fundamentalmente plásticos agrícolas e un acúmulo de bebedoiros de granxas avícolas, resíduos que puideron retirarse grazas á boa disposición de SEO/Ecoembes que forneceu 5 contedores de 0,8 m3, específicos para a súa recolleita e xestión por tratarse de residuos non asimilables a residuos sólidos urbanos que puidesen terse depositado nos contedores urbanos.

Cadea humán para a retirada dos residuos Final da cadea Preparación dos residuos Selección de residuos Separación de residuos Preparación de residuos
Con ímpetu, moitas ganas de colaborar e coas forzas intactas os voluntarios rápidamente puxémonos ao traballo retirando e preparando os residuos, en especial os de maior volume para aproveitar ao máximo o espazo nos contenedores e asegurar a retirada da maior parte posible dos plásticos comezando polos máis voluminosos, neste traballo foi decisiva a participación dos colaboradores habituais de SGHN que coa súa experiencia organizaron e asentaron os materiais nos contedores; finalmente completáronse 4,5 contedores, aproximadamente 3,6 m3, é dicir uns 400 kg de plásticos variados.
…e outros residuos agrícolas Veña que isto aínda non remata Neste punto remata a recollida Aínda queda sitio así que seguimos Os plásticos de ensilar resístense un pouco Valórase o volume para non pasarnos Aprovéitanse ao máximo os contedores Máis este equipo o moito equipo!!
Preparados para cargar… …e xa marcha o camión
Nas outras parcelas as cantidades e volumen de lixo eran moito menores, aínda que bastante dispersos, recollimos 39 kg de plásticos varios e algún metal e 6 kg de vidro, ata finalizar a xornada matinal.
Comezando noutra parcela Retirada de restos plásticos
Nos predios da AGADER-BANTEGAL alugados por SGHN
Pero o día seguíu os socios e simpatizantes de SGHN aínda tivemos outra tarefa que completar despois do xantar: identificar algunhas das parcelas alugadas a AGADER-BANTEGAL na contorna das areeiras de Sandiás. Identificáronse e sinalizáronse 5 parcelas sobre as cales iranse completando as accións comprometidas co Banco de Terras.
Identificando predios da AGADER-BANTEGAL Marcando os predios Sinalización dos predios alugados por SGHN
“O patrimonio asolagado”
E como colofón da xornada, asistimos ao acto de presentación do proxecto educativo “O patrimonio asolagado” sobre a lagoa de Antela a cargo de alumnos e profesores do IES Lagoa de Antela, celebrado no Casino de Xinzo. O proxecto desenvólvese en varias liñas de traballo: toponimía e microtoponimia, análise de augas (osíxeno disolto e nitratos) en varios puntos da chaira de Antela e recolleita de información sobre a vida en tempos da lagoa, así como lendas ou contos en base a entrevistas con aquelas persoas que viviron e aínda recordan os tempos da lagoa. Un traballo de alto interese por canto pon en contacto aos mozos coa súa historia pasada e co estado presente da contorna na que viven. Un atisbo de esperanza no futuro.
E xa únicamente quédanos dar as grazas a todas aquelas entidades e asociacións que fixeron posible esta completa xornada, sen esquecer, por suposto, aso maiores protagonista, a eses entregados voluntarios que traballaron para a recuperación de espazos de interese ambiental coa súa participación na campaña “Libera 1 m2“.