Efemérides
- Día 2: Venus e a Lúa moi próximos.
- Día 3: Mercurio e a Lúa moi próximos.
- Día 5: Ás 10:50 h Lúa Nova. En 1973 foi lanzada a sonda Pioneer 11, na actualidade atópase na constelación de Escudo, a 15.002.700.000 quilómetros do Sol viaxa a 11,3 quilómetros por segundo, non emite desde 1995.
- Día 9: Marte, Aldebarán e a Lúa moi próximos.
- Día 12: Ás 09:06 h a Lúa en Cuarto Crecente. Aniversario da saída do primeiro ser humano ao espazo, o ruso Yuri Gagarin (1961).
- Día 13: Cúmulo do Pesebre e a Lúa moi próximos.
- Día 19: Ás 01:12 h Lúa Chéa.
- Día 22: Choiva de estrelas Líridas, actividade desde o 14 ao 30 cun máximo de 20 por hora o día 22, producidas polo cometa Thatcher C/1861-G1, radiante en Lira.
- Día 23: Xúpiter e a Lúa moi próximos.
- Día 24: Choiva de meteoros Pi-Pupidas, actividade desde o 15 ao 28, cun máximo de 20 por hora o día 24, producidas polo cometa 26P Grigg-Skjellerup, radiante na constelación de Popa.
- Día 25: Saturno e a Lúa moi próximos. Aniversario do lanzamento do telescopio espacial Hubble (1990).
- Día 27: Ás 12:18 h a Lúa en Cuarto Minguante.

Planetas
- Mercurio en Piscis con magnitude 0,47, visible media hora antes do amencer.
- Venus en Acuario con magnitude -3,37. Visible media hora antes do amencer.
- Marte en Tauro con magnitude 1,74. Visible tres horas despois do solpor.
- Xúpiter en Ofiuco con magnitude -1,90. Visible cinco horas antes do amencer.
- Saturno en Saxitario magnitude 0,73. Visible tres horas antes do amencer.
- Urano en Aries, cunha magnitude de 6,2, imposible de ver pola súa proximidade ao Sol.
Cometas
Pola súa magnitude superior a 9 son dificilmente localizables.