Día 2: Máximo variable da choiva de estrelas Phoenícidas de Decembro.
Día 4: Ás 07:00 h a Lúa en Cuarto Crecente. Máximo de menos de 2 por hora da choiva de estrelas Psi da Osa Maior. Máximo de menos de 2 por hora da choiva de estrelas Alpha Draconidas.
Día 7: Máximo de 10 por hora da choiva de estrelas Puppid/Vélidas.
Día 9: Máximo de 2 por hora de choiva de estrelas Monocerótidas.
Día 12: Ás 06:14 h Lúa Chéa. Máximo de 3 por hora da choiva de estrelas Sigma-Hydridas.
Día 14: Choiva de meteoros Xemínidas. Actividade entre o 4 e o 17 de decembro, cun máximo na madrugada do 14, a taxa máxima observable será de 120 meteoros por hora, radiante en Xéminis.
Día 16: Máximo de 3 por hora da choiva de estrelas Coma Benerícidas.
Día 19: Ás 05:59 h a Lúa en Cuarto Minguante.
Día 20: Aniversario da morte do gran astrofisico Carl Sagan en 1996. Máximo de 5 por hora de choiva de estrelas Leo Minoridas de decembro.
Día 21: Ás 10:44 h comeza o inverno no hemisferio norte, verán no sur.
Día 22: Marte e a Lúa moi próximos.
Día 23: Choiva de estrelas Ursidas. Actividade dende o 13 ao 26 de decembro, cun máximo o 23 de 10 meteoros por hora. O radiante atópase na Osa Menor.
Día 25: Eclipse anular de Sol, non visible en Europa.
Día 26: Ás 06:15 h Lúa Nova.
Día 27: Nacemento do astrónomo alemán Johannes Kepler (1571).
Planetas
Mercurio en Libra con magnitude -0,47 visible media hora antes do amencer.
Venus en Saxitario con magnitude -3,38, visible hora e media despois do solpor.
Marte en Libra con magnitude 1,87, visible hora e media antes do amencer.
Xúpiter en Saxitario con magnitude -1,38, pola súa proximidade ao Sol non é visible.
Saturno en Saxitario con magnitude 0,78, visible dúas horas despois do solpor.
Urano en Aries con magnitude de 6,04, observable cun telescopio pequeno durante toda a noite.
Cometas
Tan só C/2017 T2 (PanStarrs), con magnitude 9 entre as constelacións de Auriga e Perseo, pode ser visto cun telescopio pequeno.