7º cabodano do encoro de Gudín: é hora de ‘resucitar’ o río Faramontaos

Non chegou á ‘maioría de idade’

Construido pola Deputación e o Concello para abastecer de auga a Xinzo de Limia, o encoro de Gudín no río Faramontaos finalizouse o 31-12-1994. Un mes antes de que cumplise 18 anos, o 23-11-2012 confirmouse que o encoro estaba moi eutrofizado. Ateigada de cianobacterias tóxicas, a auga xa non era potable e procedeuse ao baleirado. Dende entón, o encoro de Gudín, con 16 m de altura, 66 m de coronación e 7,6 hm3 de capacidade é un monumento á inutilidade. Tamén á estupidez humana: contaminar a auga potable por unha pésima xestión dos residuos da gandería industrial (e das augas fecais).

Qué facer cun encoro inutil?

A resposta é moi sinxela: demolelo. As razóns están moi claras: o encoro é unha barreira transversal que impide a dinámica hidrolóxica e o funcionamento ecolóxico natural do río Faramontaos. A demolición do encoro e un plan de renaturalización integral do territorio fluvial do río Faramontaos contribuirían a mellorar o recurso auga, en calidade e cantidade. Dúas necesidades urxentes na cabeceira da bacía do Limia, tan duramente castigada pola sobreexplotación do acuífero e a contaminación agro-gandeira difusa.

“Presunta” escala para peixes, cun deseño pésimo, no encoro de Gudín