O ceo en decembro de 2021

Efemérides

  • Día 2: Máximo da choiva de estrelas Phoenícidas de Decembro, entre o 28 de novembro e o 9 de decembro, cun máximo varible o día 2, son producidas polos restos do cometa 289P/Blanpain.
  • Día 3: Marte e a Lúa moi próximos.
  • Día 4: Eclipse total de Sol, so visible na Antártida. Ás 08:43 h Lúa Nova.
  • Día 7: Choiva de estrelas Pupidas Vélidas, entre o 1 e o 15 de decembro, cun máximo de 10 por hora o día 7. A Lúa e Venus moi próximos.
  • Día 8: A Lúa e Saturno moi próximos.
  • Día 9: A Lúa e Xúpiter moi próximos.
  • Día 11: Ás 02:35 h a Lúa en Cuarto Crecente.
  • Día 14: Choiva de meteoros Xemínidas. Actividade entre o 4 e ao 17 de decembro, cun máximo na madrugada do 14, a taxa máxima observable será de 120 meteoros por hora. Teñen radiante en Xéminis e son producidas polos restos do asteroide (3200)Phanthon.
  • Día 19: Ás 05:35 h Lúa Chéa.
  • Día 20: Aniversario da morte do gran astrofisico Carl Sagan en 1996.
  • Día 21: As 16:59 h Comenza o inverno no hemisferio norte, verán no sur.
  • Día 22: Choiva de estrelas Ursidas. Actividade entre o 17 e ao 26 de decembro, cun máximo o 22 de 10 meteoros por hora e son producidos polos restos do cometa 8P / Tuttle.
  • Día 27: Ás 3:24 h a Lúa en Cuarto Minguante. Nacemento do astrónomo alemán Johannes Kepler (1571).
  • Día 31: A Lúa e Marte moi próximos.

Planetas

  • Mercurio en SAXITARIO con magnitude -0,47 non visible pola súa proximidade ao Sol.
  • Venus en Saxitario con magnitude -4,75, visible hora e media despois do solpor.
  • Marte en Escorpio con magnitude 1,57, visible 1 hora antes do amencer. 
  • Xúpiter en Acuario con magnitude -2,19, visible 4 horas despois do solpor. 
  • Saturno en Capricornio con magnitude 0,72, visible tres horas despois do solpor.
  • Urano en Aries con magnitude de 5,69, observable cun telescopio pequeno durante toda a noite.

Cometas

  • Tan só C/2021 A1 (Leonard), con magnitude 4 circulando a gran velocidade sobre as constelacións de Cans de Caza, Bootes, Serpens Caput, Ofiuco, Serpens Cauda, Saxitario e Microscopio, e 67P/Churyumov-Gerasimenko (2021)con magnitude 8 en Monoceros. C/2019 L3 (ATLAS) con magnitude 9 en Xéminis poden verse cun telescopio pequeno.
Na imaxe podemos ver o ceo cara ao sur, o día 15 de decembro ás 24 horas.