Organizado pola delegación de Ferrol da SGHN
- Lugar: Museo de Historia Natural de SGHN, Praza de Canido s/n, 15401 Ferrol (A Coruña): https://g.page/MHN-SGHN-Ferrol?share
- Duración: 16 h. Expedirase certificado de asistencia a aquelas persoas que o soliciten.
- Datas:
- Venres 10 de decembro, de 16:00 a 20:00 h.
- Sábado 11 de decembro, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h.
- Domingo 12 de decembro, de 10:00 a 14:00 h.
- Prezos: 30 € non socias/os; 10 € socias/os (prezo reducido grazas ao patrocinio da Deputación da Coruña)
- Inscrición: presencialmente na sede en Canido (Ferrol), ou mediante pago en conta bancaria (accede ao cuestionario Google): https://forms.gle/3W4EiDsJGm4SJv4a6. Se tes interese, non deberías deixar pasar esta oportunidade, pois só se contemplan 25 prazas e ofrecemos este prezo reducido grazas ao patrocinio da Deputación da Coruña.
- Profesorado:
- Isabel Fernández Domínguez. Consultora e Formadora en Interpretación do Patrimonio, Comunicación Accesible, Participación e Ecoturismo
- María Elvira (MAVI) Lezcano González. Profesora de Interpretación do Patrimonio no Grao en Turismo (UDC).
O curso ofrece unha ocasión inmellorable para adquirir e practicar as técnicas de comunicación precisas no guiado de grupos en actividades de divulgación, tanto en espazos pechados como nas saídas ao medio natural.
Obxectivo xeral
Dar a coñecer as bases da disciplina da Interpretación do Patrimonio e da súa aplicación práctica nas comunicacións directas co público visitante en lugares con interese patrimonial, coa finalidade de entregar unha información temática, organizada, relevante e amena ao público que visita os espazos con valor patrimonial no seu tempo de ocio, e que, ao mesmo tempo, fomente neste mesmo inquedanzas e actitudes de aprecio e custodia do patrimonio presentado.
Perfil das persoas destinatarias
Todas aquelas que desenvolven ou queiran desenvolver a súa actividade profesional na difusión do patrimonio natural e cultural co público de maneira directa. Desta forma, o curso está especialmente dirixido a guías de natureza; persoas do eido do Turismo (estudantes e informadores turísticos); monitores de tempo libre, guías e educadores ambientais; guías de museos ou de centros de interpretación; responsables da xestión de espazos con interese patrimonial; educadores en xeral (tanto en educación formal como non formal); etc.
Aínda que sempre está ben, non é preciso contar con experiencia previa neste tipo de actividades. A metodoloxía será eminentemente práctica. Basearase nunha presentación de contidos, realización de diferentes dinámicas para a aplicación destes contidos teóricos e a clarificación de ideas do alumnado xunto ao traballo práctico.
Contidos do curso
A ferramenta da Interpretación do Patrimonio para levar a cabo unha comunicación efectiva. Principios de Tilden. Obxectivos específicos de comunicación en IP.
- Modelo TORA. Aplicacións para unha comunicación amena, organizada, relevante e temática.
- Aplicación de Temas. O tanxible e o intanxible. Conceptos Universais.
- Como deseñar visitas guiadas interpretativas.
- Prácticas en grupos titorizadas. Deseño de Visitas Guiadas Interpretativas.
- Módulo de accesibilidade.
- Parte práctica sobre accesibilidade.
- Técnicas da Interpretación do Patrimonio.
- Práctica no propio Museo en grupos.
- A receita da IP.
- Avaliación e peche da sesión.
