O ceo en maio de 2019

Efemérides

  • Día 2: Venus e a Lúa moi próximos.
  • Día 3: Mercurio e a Lúa moi próximos.
  • Día 4: Ás 22:47 h Lúa Nova.
  • Día 6: Choiva de meteoros: Eta-Acuáridas, actividade do 24 de abril ao 20 de maio, cun máximo de 60 por hora o día 6. Producidas polo cometa 1P/Halley radiante en Acuario.
  • Día 8: Marte e a Lúa moi próximos.
  • Día 11: En 1916 publícase a Teoría Xeral Da Relatividade de Albert Einstein. Ás 01:14 h a Lúa en Cuarto Crecente.
  • Día 18: Ás 16:13 h Lúa Chéa.
  • Día 20: Xúpiter e a Lúa moi próximos.
  • Día 22: A Lúa e Saturno moi próximos
  • Día 26: Ás 16:35 h a Lúa en Cuarto Minguante.
  • Día 29: En 1919 durante unha eclipse total de Sol, Sir Arthur Eddington confirma a curvatura da luz prevista na Teoría Xeral da Relatividade.
Ceo o 15 de maio ás 24 h, mirando cara ao sur

Planetas

  • Mercurio en Aries con magnitude -1,44, pola súa proximidade ao Sol non é visible.
  • Venus en Piscis magnitude -3,31, visible ½ hora antes do amencer.
  • Marte en Tauro magnitude 1,9, visible 2 horas despois do solpor.
  • Xúpiter en Ofiuco magnitude -2,09, visible desde 7 horas antes do amencer.
  • Saturno en Saxitario magnitude 0,58, visible desde 5 horas antes do amencer.
  • Urano en Aries magnitude 6,23, pola súa proximidade ao Sol non é visible.

Cometas

  • Pola súa magnitude superior a 10, son dificilmente localizables.