Día 3: No ano 1957 foi lanzado o Sputnik 2 coa cadeliña Laika a bordo.
Día 8: Ás 13:46 h a Lúa en Cuarto Minguante.
Día 9: Aniversario do necemento do astrónomo, astrofísico e escritor americano Carl Sagan (1934).
Día 12: Choiva de estrelas Táuridas Norte, do 20 de outubro ao 10 de decembro, con máximo o 12 de novembro, de 5 por hora. Radiante en Taurus. Venus e a Lúa moi próximos.
Día 15: Ás 05:07 h Lúa Nova.
Día 16: En 1974 desde o radiotelescopio de Arecibo enviase unha mensaxe ó cúmulo globular M13, na constelación de Hércules. De ter resposta será dentro de 50.000 anos.
Día 17: Choiva de estrelas Leónidas, do 6 ao 30, cun máximo o 17 de novembro de 20 por hora. Radiante en Leo. Son producidas polos restos do cometa Tempel-Tuttle.
Día 19: A Lúa, Xúpiter e Saturno moi próximos.
Día 20: Ás 14:31 h a Lúa en Cuarto crecente.
Día 21: Choiva de estrelas Alfa-Monocerotidas, do 15 ao 25, cun máximo variable o 21, radiante em Monoceros.
Día 22: Ás 04:45 h a Lúa en Cuarto Crecente.
Día 25: A Lúa e Marte moi próximos.
Día 26: En 1965 lanzase o primeiro satélite francés, o Asterix I.
Día 30: Ás 09:30 h Lúa Chéa. Eclipse penumbral de Lúa, visible nas nosas latitudes no momento do ocaso da Lúa.
Planetas
Mercurio en Virgo, cunha magnitude aproximada de -0,56. Pola súa proximidade ao Sol practicamente non visible.
Venus en Virgo, cunha unha magnitude de -3,42, Visible antes do amencer durante pouco mais dunha hora.
Marte en Piscis, cunha magnitude de -1,45, visible case toda a noite.
Xúpiter en Saxitario, cunha magnitude de -1,67, visible desde 3 horas despois do solpor.
Saturno en Saxitario, cunha magnitude 0,82, visible desde 3 horas despois do solpor.
Urano en Aries, cunha magnitude de 6, observable cun telescopio pequeno casi toda a noite.
Cometas
C/2020 M3 (ATLAS) com magnitude 7 na constelación de Orión pode verse cun telescopio pequeno. Os demais deste mes teñen magnitudes superiores a 10, polo que a súa observación é moi complicada.