Ciencia cidadá e conservación ambiental no estado de alarma

Nos últimos días distintos medios de comunicación informaron de solicitudes á Xunta de Galicia (ou autorizacións da mesma) para que se poidan realizar algunhas actividades nas contornas naturais por deportistas federados, cazadores e mesmo pescadores.

SGHN, ao igual que outras ONG ambientalistas, desenvolve actividades de ciencia cidadá e conservación ambiental con voluntarios de modo altruísta e solidario, entre eles:

  • Estudos botánicos e faunísticos: Atlas de Flora Exótica Invasora; Atlas de bolboretas; Atlas de Anfibios e Réptiles; censos de cegoña branca; censo de aves acuáticas invernantes, seguimientos de aves reproductoras.
  • Traballos de restauración en espazos naturais na Limia e nas Gándaras de Budiño.

A non continuidade das mesmas suporía incluso a interrupción de series históricas de máis de 40 anos (como o censo de aves acuáticas invernantes) ou a paralización de traballos de restauración que se realizan dende hai 7 anos.

Estas actividades adoitan facerse individualmente ou en grupos pequenos, nos que as medidas de hixiene e seguridade son fáciles de implementar, moito máis que nas batidas de caza ou as competicións deportivas, por exemplo. Ademais, estes estudos e actividades desenvólvense en áreas de escasa presenza humana e sen interaccións con outras persoas, condicións que aseguran o distanciamiento social chave no control da expansión do Covid19.

Por estes motivos, SGHN considera que as actividades de ciencia cidadá e conservación ambiental con voluntarios poderían ser autorizadas, admisibles e encaixar co estado de alarma actual e posibles modificacións do mesmo. En consecuencia, SGHN ven de solicitar á Xunta de Galicia que se autoricen durante o estado de alarma as actividades de ciencia cidadá e conservación ambiental con voluntarios para que SGHN e outras ONG ambientalistas poidan organizalas e realizalas.