Na Constelación de Andrómeda a uns 350 millóns de anos luz, atopámosnos dúas galaxias espirais, aparentemente deformes, que interactúan mediante unha forte atracción gravitacional para formar unha fermosa rosa espacial.
A máis grande é coñecida como UGC 1810, ten unha masa que é aproximadamente cinco veces maior que a da galaxia máis pequena, coñecida como UGC 1813, que parece haberse lanzado directamente a través da máis grande, deformando o conxunto interno dos brazos espirales de UGC 1810, un signo revelador da atracción gravitacional da súa compañeira menor. O encontro parece inclinar os brazos internos da galaxia grande en relación co resto, mentres tanto a galaxia máis pequena asemella estenderse un pouco en cada extremo.
Esta interacción gravitacional parece desencadear un “baby boom” estelar. Na galaxia máis grande nos brazos espirales exteriores, e na pequena no seu brillante núcleo. O conxunto ten un tamaño de 260.000 anos luz, cunha magnitude aparente de 13,7, están separadas entre si varias decenas de anos luz, e foron descritas por primeira vez polo astrónomo estadounidense Halton Arp en 1966, no seu “Atlas de galaxias peculiares”. Tamén é o número 64 no “Catálogo de galaxias binarias” do astrónomo ruso Igor Karachentsev.
Esta foto é unha suma de datos tomados polo telescopio espacial Hubble e procesados polo gran astrofotógrafo afeccionado canario Domingo Pestana, amigo e colaborador de Fotografía Ferrolterra e da Sección de Astronomía da SGHN.