O ceo en xullo de 2021

Efemérides

  • Día 1: Ás 11:11 h a Lúa en Cuarto minguante.
  • Día 6: Aniversario da publicación do libro “Principia” onde Isaac Newton publica a Lei da Gravitación Universal (1687).
  • Día 8: Mercurio e a Lúa moi próximos.
  • Día 10: Ás 03:16 h Lúa Nova.
  • Día 12: Venus, Marte e a Lúa moi próximos.
  • Día 17: Ás 12:11 h a Lúa en Cuarto Crecente.
  • Día 20: Aniversario da chegada do home á Lúa (1969). Aniversario da chegada da nave automática Viking á superficie do planeta Marte (1976).
  • Día 24: Ás 04:37 h Lúa Chéa. Saturno e a Lúa moi próximos.
  • Día 26: Xúpiter e a Lúa moi próximos.
  • Día 28: Choiva de meteoros Delta acuaridas, comezan o 12 de xullo, cun máximo de 20 por hora na noite do 28 ao 29, radiante en Acuario, orixinadas polos restos do cometa 96p/Machholz 1.
  • Día 31: Ás 03:16 h Lúa en Cuarto Minguante.

Planetas

  • Mercurio en Xéminis con magnitude -0,86. Visible media hora antes do amencer.
  • Venus en Leo con magnitude -3,87. Visible durante media hora despois do solpor.
  • Marte en Leo con magnitude -1,84. Visible durante media hora despois do solpor.
  • Xúpiter en Acuario con magnitude -2,74. Visible casi toda a noite.
  • Saturno en Capricornio con magnitude 0,28. Visible casi toda a noite.
  • Urano en Aries con magnitude de 5,81. Visible 3 horas antes do amencer.

Cometas

  • Tan só 15P/Finlay(2021) con magnitude 9 na constelación de Tauro pode verse cun telescopio pequeño. Os demáis pola súa magnitude superior a 10, son dificilmente localizables.
Na imaxe podemos ver o ceo cara ao sur, o día 15 de xullo ás 24 horas