O ceo en xuño de 2020

Efemérides

  • Día 5: Ás 19:12 Lúa Chéa. Eclipse penumbral de Lúa visible en Galicia despois do solpor.
  • Día 8: A Lúa e Xúpiter moi próximos.
  • Día 9: A Lúa e Saturno moi próximos.
  • Día 10: Choiva de meteoros Ariétidas, actividade do 14 de abril ao 24 de xuño, cun máximo de 50 por hora o 10 de xuño. Radiante en Aries.
  • Día 12: Marte e a Lúa moi próximos.
  • Día 13: Ás 06:24 h a Lúa en Cuarto Minguante.
  • Día 19: Venus e a Lúa moi próximos.
  • Día 20: Ás 21:27 h comeza o verán no hemisferio norte, inverno no sur.
  • Día 21: Eclipse anular de Sol, non visible. Ás 06:42 h Lúa Nova.
  • Día 22: Mercurio e a Lúa moi próximos.
  • Día 27: Choiva de meteoros: Boótidas de Xuño, comezan o 22 de xuño, cun máximo variable o 27. Proceden do Cometa 7P/Pons-Winnecke, e teñen o seu radiante en Bootes.
  • Día 28: Ás 08:16 h a Lúa en Cuarto Crecente.
  • Día 30: Aniversario do gran impacto sobre a Terra dun obxeto procedente do espacio, seguramente os restos dun cometa, que caeron en Tunguska (Siberia) en 1908.

Planetas

  • Mercurio en Xéminis con magnitude 1,66, visible media hora despois do solpor.
  • Venus en Tauro con magnitude -3,60, visible media hora antes do amencer.
  • Marte en Acuario con magnitude -0,08, visible 3 h antes do amencer.
  • Xúpiter en Saxitario magnitude -2,21, visible 6 h antes do amencer.
  • Saturno en Capricornio magnitude 0,51, visible 6 h antes do amencer.
  • Urano en Aries, cunha magnitude de 6,19, Visible 1 h antes do amencer.

Cometas

  • Tan só C/2020 F8 (SWAN) con magnitude 4 na constelación Auriga, C/2019 U6 (Lemmon) con magnitude 5 en Sextante os últimos días de mes, C/2017 T2 (PanSTARRS) con magnitude 8 na Osa Maior, poden ser vistos cun telescopio pequeno. Os demais pola súa magnitude son dificilmente localizables.
Imaxe do ceo cara ao sur, o 15 de xuño ás 24 h