Garda un oco para a vindeira cita co ciclo de conferencias “XUNTANZAS NATURALISTAS (Ed. 2023)“, que impartirá Adrián Vilas, licenciado en Videoxornalismo e cunha Mestría en Documentais pola UWE Bristol-BBC. Nos últimos anos estivo involucrado en varios proxectos en todo o mundo, compartindo instantes da vida inesquecibles con algunhas das criaturas máis incribles do planeta, como os leóns no Parque Nacional de Meru (Kenia), os bisontes salvaxes no Parque Nacional de Yellowstone, captando imaxes das baleas no mar de Cortés en México, percorrendo a Europa ártica, ou gravando aos lobos ibéricos no noroeste peninsular. Como profesional traballou para varias emisoras internacionais, incluídas as aclamadas Sección de Historia Natural da BBC e National Geographic. Dende hai anos tamén colabora con organizacións conservacionistas como RSPB, Rewilding Europe ou Born Free Foundation.
Contamos coa túa presenza! Non deixes pasar esta oportunidade de coñecer as experiencias na gravacións de imaxes de natureza da man dun profesional!
- LUGAR: Auditorio do Museo de Historia Natural da SGHN en Ferrol
- DATA E HORA: Venres 24 de novembro, ás 19:30 h
- ORGANIZA: Delegación de Ferrol da SGHN
- PATROCINA: Deputación da Coruña